O pasado venres 23 de Maio o Conselleiro de Eduación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez González, acompañado da Directora Xeral de FP, Mª Eugenia Pérez Fernández, presentou no IES de Curtis a segunda fase da renovación das instalacións do centro.
A actuación que se vai levar a cabo consiste no seguinte:
– Illamento térmico do taller de Automoción, coa instalación de SATE, e co cambio da cuberta e da carpintería.
– Demolición do taller pequeno de Automoción e construcción dunha nova nave de 363 m², con máis de 5 metros de altura e con portas de 4 metros que permitirán o acceso de maquinaria agrícola.
– Cambio das caldeiras de gasóleo por unha de biomasa que abastecerá a todo o centro.
– Instalación de paneis acústicos nas aulas do edificio principal, e substitución da iluminación actual por LED.
– Modificación das aulas do 2º andar.
Esta actuación, xunto coa reforma que rematou hai pouco máis dun ano, suma unha cantidade de máis de 2,2 millóns de euros.