O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do IES de Curtis é consciente da relevancia que supón ter para un pobo unha lingua e cultura propias.
Os centros educativos, neste camiñar, non están exentos de responsabilidade. A progresiva perda de falantes, os prexuízos e estereotipos aínda vixentes así como a anestesia social en relación aos usos e hábitos lingüísticos son aspectos que debemos solventar desde o noso posto de educadores e, asemade, temos o deber e compromiso de guiar o noso alumnado no amor, respecto, responsabilidade e uso consciente do noso ben máis prezado: a nosa lingua.
De tal forma, o Equipo de Dinamización do IES deseña, propón e impulsa unha serie de actividades que pretenden reverter esta situación. A maiores farase especial fincapé nos pequenos detalles e feitos que non se perciben de forma inmediata e consciente, pero que calan e fan que o idioma vaia penetrando paseniñamente en nós.
As palabras de Manuel María definen con nitidez o compromiso que desde o EDLG poñemos neste proxecto:
O idioma é a chave O idioma é a vida, O idioma é o tempo, O idioma é un herdo, | O idioma é a patria, O idioma é a forza O idioma é o amor, Renunciar ao idioma Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) |