Desde o equipo de Igualdade do IES de Curtis traballamos para conseguir un centro coeducativo e libre de todo tipo de discriminacións. Como obxectivos principais destacamos:
- Promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
- Presentación dun modelo de orientación académico e profesional que desenvolva no alumnado a capacidade de elixir o seu futuro profesional sen sesgos de xénero.
- Visibilización de modelos masculinos e femininos libres de estereotipos de xénero.
- Prevención, detección e intervención en casos de violencia de xénero
- Sensibilizar e informar á comunidade educativa contra a violencia de xénero.
- Identificar e rexistrar aquelas condutas contrarias á convivencia relacionadas co xénero.
- Contactar e organizar actuacións comúns coas organizacións que traballan habitualmente esta temática para garantir información actual, profesional, veraz e dotar dunha rede de recursos ao centro e ao alumnado.
- Analizar e reflexionar a escaleira da violencia machista na adolescencia.
- Analizar e reflexionar os indicadores da violencia sexual.
- Promoción da educación afectivo-sexual e da diversidade afectivo-sexual
- Sensibilizar e informar á comunidade destes dous aspectos relacionados coa educación en emocións.
- Prevención, detección e intervención en casos de LGTBIfobia
- Sensibilizar e informar á comunidade educativa sobre o dereito a ser diferentes do colectivo LGTBI.
- Establecer actuacións para combater o acoso escolar por razón de orientación sexual ou identidade de xénero.