• Inicio
  • O centro
    • O noso centro
    • Organigrama
    • Calendario
    • Rutas de transporte
      • Pedra Porral (Central - Teixeiro)
      • Abelén - Teixeiro
      • Ponta Vila - Busto
      • Piscina - Milreo
      • Sesmonde - Insua
      • A Rala - A Cabra
      • Teixeiro - Foxado
    • Equipos e Programas
      • Biblioteca
      • Dinamización da Lingua Galega
      • Proxecto Deportivo do Centro
      • Voz Natura
      • Igualdade
    • Proxecto Educativo
    • ANPA
  • ESO e Bacharelato
    • Oferta Educativa
    • Novas ESO e Bacharelato
    • Resumos das programacións
    • Libros de texto 26/27
  • FP
    • Automoción
    • Informática
    • Novas FP
    • Resumo das programacións FP
  • Secretaría
  • ERASMUS+

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • O noso centro
    • Organigrama
    • Calendario
    • Rutas de transporte
      • Pedra Porral (Central - Teixeiro)
      • Abelén - Teixeiro
      • Ponta Vila - Busto
      • Piscina - Milreo
      • Sesmonde - Insua
      • A Rala - A Cabra
      • Teixeiro - Foxado
    • Equipos e Programas
      • Biblioteca
      • Dinamización da Lingua Galega
      • Proxecto Deportivo do Centro
      • Voz Natura
      • Igualdade
    • Proxecto Educativo
    • ANPA
  • ESO e Bacharelato
    • Oferta Educativa
    • Novas ESO e Bacharelato
    • Resumos das programacións
    • Libros de texto 26/27
  • FP
    • Automoción
    • Informática
    • Novas FP
    • Resumo das programacións FP
  • Secretaría
  • ERASMUS+

Miga de pan

  • Inicio
  • Job-Shadowing no Lycée Leconte de Lisle, na Réunion (Francia)

Job-Shadowing no Lycée Leconte de Lisle, na Réunion (Francia)

Job-Shadowing no Lycée Leconte de Lisle, na Réunion (Francia)

 semana do luns 19 de maio Isaac, o noso xefe de estudos, e Reme, a profe de música, realizaron unha mobilidade de observación no Lycée Leconte-de-Lisle. Trátase dun centro situado na Illa Reunion, un pequeno territorio francés no Océano Índico. Podes ver a localización deste liceo aquí.

Esta mobilidade está enmarcada na Acreaditación Erasmus+ do sector escolar e, entre outros obxectivos, pretende abrirnos portas para poder enviar alumnado a este centro en cursos posteriores e realizar actividades que nos axuden a acadar os obxectivos da nosa acreditación.

A continuación tedes a crónica que elaboraron Isaac e Reme para describir a súa experiencia:

Ao longo da nosa estadía formativa na Réunion, puidemos coñecer de primeira man a riqueza pedagóxica e humana dun liceo insular que aposta pola internacionalización e o desenvolvemento sostible. A seguir recóllense as principais tarefas realizadas, organizadas por eixos temáticos.

1. Estrutura xeral do centro

O liceo conta cunha estrutura moderna e funcional: pavilóns especializados (ciencias, artes, administración) distribúense arredor dun patio central cuberto de vexetación tropical. A dirección promove unha gobernanza participativa onde equipos docentes, servizos de “vie scolaire” e persoal administrativo colaboran en comisións semanais para mellorar a vida escolar e a calidade educativa.

2. Orixes do alumnado

A comunidade escolar evidencia a diversidade cultural propia da Illa Reunión: métises, criollos, familias de orixe malgaxe, india, francesa continental e comoriana conviven nas aulas. Este mosaico lingüístico e étnico reforza o enfoque intercultural do proxecto Erasmus, pois o alumnado comparte experiencias sobre identidade e inclusión.

3. Diversidade dos profesionais

O centro dispón dun cadro de persoal plural:

Equipo pedagóxico: docentes con perfís STEAM, humanidades, linguas e formación profesional.
Servizo de “vie scolaire”: asistentes educativos que xestionan acompañamento, disciplina positiva e actividades extraescolares.
Administración: secretaría académica, recursos humanos e intendencia coordinan bolsas, mobilidades, aprovisionamento e comunicación externa, neste caso administran procesos de toda a illa.
4. Educación para o Desenvolvemento Sostible (EDD)

A EDD é un eixo vertebrador do currículo. Visitamos:

O xardín agroecolóxico onde o alumnado aprende compostaxe, reciclaxe de auga e cultivo biolóxico.
O arboreto didáctico con especies endémicas que serven para estudar biodiversidade e elaborar fichas botánicas multilingües. Un proxecto consistiu na realización de placas cerámicas informativas das árbores do centro por parte do alumnado de artes.
Horta e colmeas escolares: proxecto transversal que axuda a reciclaxe e de productos orgánicos e a concienciación sobre a alimentación e mel para iniciativas solidarias, concurso na illa e exposicións na materia que se imparte en español.
5. Proxecto Endemic@s

Esta iniciativa interdisciplinar combina ciencias naturais, artes plásticas e TIC para concienciar sobre a conservación de especies propias da illa en estreita colaboración cun centro de Tacoronte (Tenerife). Creáronse podcasts, códigos QR ao pé das plantas e unha exposición interactiva que viaxará aos centros socios do consorcio Erasmus. Tamén se creou un xogo sobre as aves autóctonas que serve para ensinar ao alumnado de primaria cores, números e partes do corpo en español de maneira divertida.

6. Observación de prácticas docentes

Clases de Física: exposición sobre o número aureo e visita ao laboratorio.
Clases de Música: asistencia ao ensaio da coral, favorecendo a expresión intercultural.
Presentación da materia DNL (disciplinas non lingüísticas en inglés): demostración de proxectos CLIL en ciencias e historia.
Proxecto do Mel: a profesora de bioloxía integra química analítica, economía circular e mercadotecnia na produción apícola. Recentemente foron galardoados cun premio por este proxecto.
(https://www.lequotidien.re/article/environnement/2025/05/26/une-journee-placee-sous-le-signe-de-leducation-au-developpement-durable).
7. Visitas institucionais e culturais

Coral Rexional: ensaio musical polifónico francés-inglés.
Reunión con Monsieur Ziemer, na que se presentou o proxecto europeo do centro, centrado na educación ambiental e a cooperación internacional. O centro foi recoñecido cun premio europeo polo fomento do sentimento de pertenza a Europa, destacando o seu traballo por unha identidade europea compartida baseada na sustentabilidade e na diversidade.
Servizo “Scolaire”: coñecemos o sistema que rexistra ausencias de alumnado e profesorado, así como o réxime de sancións restaurativas, destacando a xestión externa e a inexistencia de profesorado titor.
Administración externa: entrevista co organismo que supervisa infraestrutura, en concreto co director (M. BERNE) e afianzamento dos vínculos intercentros.
8. Mobilidade individual

Realizáronse entrevistas con 5 alumnos e alumnas mediante o uso dunha rúbrica obxectiva e recomendouse ao liceo a escolla da alumna Maïssa, que será participante nunha estadía de longa duración no noso centro galego. Analizouse o impacto persoal e académico da mobilidade, recollendo boas prácticas para futuras acollidas.

Conclusión

Estas actividades reforzaron o noso compromiso coa innovación pedagóxica, a sustentabilidade e o diálogo intercultural. O intercambio en Illa Reunión serviu de laboratorio vivo onde aprendizaxe, biodiversidade e diversidade humana se integran nun mesmo proxecto europeo. Deseñamos xa novas liñas de colaboración para seguir sementando
pontes entre o Índico e o Atlántico.

 

 

 

 

 

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES de Curtis