O venres 20 de xuño tivo lugar en Vigo a MegaU 2025. Neste acto, organizado nesta ocasión pola Universidade de Vigo, recoñécese o alumnado que acadou na parte xeral das Probas de Acceso á Universidade unha nota superior a 8,5.
O IES de Curtis estivo representado por Iago, María e Lucía. Aínda así, cremos que son moitos máis os que deberían estar aquí após o traballo feito ao longo do curso e os resultados acadados.
Deste xeito, parabenizamos a todo o alumnado de 2º de Bacharelato polo traballo feito e, un ano máis, polo 100% de aprobados na PAU.
![]() | ![]() |

