Os nosos profesores Xabi e Miguel realizaron unha formación de aprendizaxe na sombra no ITT-LSSA Copernico, en Barcellona Pozzo di Gotto, unha localidade ao noreste de Sicilia, en Italia.
Neste mobilidade, os nosos profes foron quen de aprender un pouco máis sobre o funcionamento destas escolas italianas, enfocadas a unha aprendizaxe tecnolóxica, o cal lles permitiu coñecer procesos que axudaron a mellorar a súa competencia dixital para poder facer achegas de cara a mellorar o proceso de dixitalización do IES de Curtis. Miguel e Xabi tiveron tempo de coñecer a contorna, así como de visitar o noso alumnado de FP Básica que está a facer a súa formación na empresa nesta mesma localidade e comprobar o goce desta experiencia.