Section outline

  • INTRODUCIÓN, XUSTIFICACIÓN, ...
    • INTRODUCIÓN
      En outubro de 2014, varios profesores e profesoras solicitamos crear un Grupo de Traballo no noso centro ó abeiro do Plan Anual de Formación:
      Sara Alonso (Lingua Castelá e Literatura)
      José Manuel Blanco (Tecnoloxía)
      Carme Liz (Lingua Galega e Literatura)
      Agustín Nieto (Lingua Galega e Literatura)
      Gloria Paredes (Lingua Galega e Literatura)
      O noso proxecto foi aprobado polo Centro de Formación e Recursos de Vigo e en decembro de 2014 puxémonos "mans á obra" contando en todo momento co asesoramento e axuda de Jesús Martínez.
      Experimentamos, en ocasións atinamos, noutras cometemos erros ... Deixamos neste curso en aberto o material que consideramos pode resultar útil a quenes desexen quizáis só crear contidos en Drupal ou incluso elaborar unha revista dixital similar á nosa.
      pfp
    • OBXECTIVOS


      O obxectivo primordial dos participantes no grupo de traballo era adquirir as destrezas necesarias para elaborar artigos na web dinámica do centro (Drupal), algúns dos cales poderían incorporar elementos multimedia como imaxes, audios e vídeos. A continuación intentariamos "xuntar" artigos para facer unha edición dixital da nosa revista.

      microrrelatos

      XUSTIFICACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO

      cousas do castelao
      No noso centro edítase anualmente a revista “Cousas do Castelao” que inclúe información sobre algunhas das actividades que se desenvolveron durante o ano escolar, entrevistas, contribucións do alumnado, ... Esta revista publícase en formato papel o que supón un importante esforzo humano e económico.
      En setembro de 2014 puxemos en marcha a “web dinámica”. Pensamos que a web podía supoñer unha interesante ferramenta para publicar unha "edición dixital" da revista que permitira incorporar elementos multimedia. Ademáis, cunha edición online a revista en papel podería ter unha tirada inferior.
      Ademáis, gran parte do profesorado definitivo do centro ten unha formación insuficiente para engadir contido á recén estreada web dinámica, polo que pensamos que se conseguimos ser cinco "creadores de contidos", poderemos introducir a máis profesorado no desenrolo activo da nosa páxina.


      POR QUE NON USAR ISUU OU SERVIZOS SIMILARES?

      O proxecto Webs Dinámicas (WD) está constituído por Drupal (páxina do centro), Moodle (aula virtual) e Coppermine (galería). Estes servizos alóxanse nos servidores da Consellería e son totalmente gratuítos. Neste grupo de traballo entendimos que, posto que o proxecto previsiblemente terá unha vixencia a largo prazo, sería máis útil servirse destes servizos que empregar outros que poden resultar máis sinxelos e atractivos pero que dependen de terceiros. ¿Que ocorrería se realizasemos a revista en ISUU e esta compañía decidira, nun momento dado, dar de baixa a nosa conta, cambiar as condicións de servizo, ...?
      isuu
      Ademáis, como o proxecto WD está presente en tódolos centros de Galicia e dada a mobilidade desta profesión, non habería problema en que novo profesorado se sume tanto á creación de contidos na páxina como á elaboración da revista.


      VÍDEO

      Neste vídeo podedes ver unha introdución ó grupo de traballo:




  • EDICIÓN E PUBLICACIÓN DE CONTIDOS EN DRUPAL
    drupal
    • O proxecto Webs Dinámicas dispón dunha aula virtual con excelente documentación sobre o funcionamento de Drupal. Neste apartado incluímos pequenas aportacións que poden axudar a complementar a información anterior. Para comezar aquí tedes este vídeo no que se realiza unha introdución a Drupal. Observade a diferencia de aspecto entre a páxina do noso IES a comezos de curso e o actual.



      A PÁXINA DO CENTRO EDUCATIVO

      Aloxamos os contidos na páxina "dinámica" do centro. No noso caso está aloxada na dirección: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescastelaovigo

      Que sexa "dinámico" significa, simplificando, que nunha vez que se acceda co usuario e contrasinal poderanse crear artigos con textos, imaxes e/ou vídeos directamente online, sen ter que saber nada de linguaxes html, estilos, etc.

      Todos os centros de Galicia teñen unha páxina Drupal á súa disposición aloxada nos servidores da Xunta. Algúns centros, como actualmente o noso, manteñen todavía en uso a páxina “antiga” ainda que a tendencia é que se use só a dinámica. Tamén hai centros que compran un dominio e aloxamento propios e digamos que “van por libre”, pero son os menos.

      En sitios web como o que nos ocupa non precisamos que pedirlle a ninguén “súbeme isto ou aquilo”. Unha vez que cada usuario teña soltura na creación de artigos poderá crear artigos dende un PC, tablet ou móbil en calquera momento. Sería ideal que na páxina do centro a maioría do profesorado creara algún contido. En moitos centros este obxectivo está todavía lonxe de lograrse.

      A páxina é a “canle” pública na que poderiamos ter dende os impresos de matrícula ata artigos das actividades que se fan. A diferencia da “aula virtual” (moodle), na páxina do centro o material que se suba será accesible para toda persoa que acceda á páxina, por exemplo, un artigo no que se recolla unha viaxe ou a programación dunha materia.

      Este espazo é o idóneo para aloxar unha versión dixital da Revista do centro, complementando a versión en papel posto que permite incorporar moreas de imaxes, vídeos e audios.

      "EL TIEMPO ES ORO"

      Unha vez que se domine a creación de artigos, redactar un non debe levar moito tempo, dende logo non máis tempo do que se tardaría en escribilo no ordenador. Se facemos unha saída co alumnado e queremos recollela na páxina, consideramos que é mellor publicar un breve artigo con algo así “onte os grupos de 4º da eso visitamos xxx, podedes ver aquí algunhas das imaxes” que estar bastante tempo dándolle voltas a un texto para publicalo semanas despois. Se leva moito tempo, se da moito choio, debilítase o pulo inicial e pode que non se faga. Así que o noso consello antes de que vos poñades a crear un artigo, editar unha imaxe ou un vídeo, é que establezades un tope de tempo. Se o superades, teredes que reducir contidos, non poñer textos nun vídeo, ... A idea é que, ano tras ano, se vaian subindo contidos á páxina ...
    • USUARIOS

      En "Administrar > Mantemento de usuarios > Usuarios" creamos os usuarios co perfil "profe" para aquel profesorado interesado en crear contidos. Os membros do grupo temos asignado o perfil que chamamos "profe_editor" o cal, a diferencia do perfil anterior, permite publicar contidos na portada e modificar artigos creados por outros usuarios rexistrados. J.M. Blanco ten ademáis o perfil de administrador do sitio.

      CATEGORÍAS OCULTAS

      Para facer probas é conveniente que o administrador da páxina cree unha categoría oculta para os usuarios anónimos (aquí podes atopar indicacións de como facelo). Deste xeito o profesorado pode crear artigos de proba sen preoparse da súa visibilidade.

      ARTIGOS EN DRUPAL

      Neste vídeo (6 minutos) vense as características máis importantes dos artigos en Drupal e proponse a creación dun artigo que conteña só texto:



      ADXUNTAR PDFs (ou outros documentos)

      Son moitos os artigos nos que deberemos adxuntar arquivos: programacións, fichas, ... Neste vídeo podedes ver dous métodos para facelo:



      Para o que nos ocupa, a creación dunha revista, debemos intentar evitar utilizar artigos que conteñan arquivos (fotos, pdfs, ...) aloxados na conta dos usuarios. Se pasado un tempo se cancela unha conta de usuario, por exemplo por un traslado ou unha xubilación, os artigos quedarán "orfos" dese material.

      INSERIR UNHA IMAXE NUN ARTIGO

      Se a imaxe está no noso PC, neste pdf podedes ver a maneira de facelo. De todos modos, tal como comentamos no parágrafo anterior, é mellor non aloxar imaxes nas contas dos usuarios se pretendemos que o artigo se manteña na páxina por moitos anos... Ainda que é unha tarefa máis laboriosa, pensamos que é mellor aloxar as imaxes na Galería e inserilas dende alí tal como se indica neste pdf.

      LIGAZÓN A UN PDF (ou a outro documento)

      Vimos como adxuntar un PDF (ou outro arquivo). Para facilitar a navegación podemos crear nun texto ou nunha imaxe unha ligazón a ese PDF ou arquivo seguindo estas indicacións.

      ESTABLECER O PUNTO DE CORTE DO RESUMO DUN ARTIGO
      Os artigos que creas en Drupal aparecen "cortados" cando se publican. O habitual é que se corten automáticamente ós 800 ou 1000 caracteres (o valor pode definilo o Administrador en: Administrar > Por tarefa > Administración do contido > Configuración do artigo). Descubrimos que se pode engadir o seguinte botón ó editor para fixar o punto de corte manualmente (prevalece a opción manual sobre a automática):

      break


      Para instalar o botón o Administrador debe ir a: Administrar > Por módulo > Wysiwyg > Perfís Wysiwyg > Full HTML TinyMCE > Editar > Botóns e seleccionar Final do resumo.

      EXERCICIOS

      Neste pdf podes ver 8 exercicios guiados nos que se explica como inserir unha táboa, un vídeo, etc.

      PLANTILLAS

      Ao largo deste grupo de traballo probamos diferentes plantillas para a páxina. Ao final, co asesoramento da profe de Plástica Carme Nogueira, seleccionamos a actual. Intentamos personalizala pero, tras probas infructuosas, consultas ó noso asesor abalar e a Óscar Abilleira (CEIP Antonio Cerviño), descubrimos que o sistema "multisite" non permite moitos cambios ...
  • EDICIÓN DE IMAXES: GIMP
    wilber
  • EDICIÓN DE AUDIO: AUDACITY

    audacity
    • Audacity é un editor gratuíto, multiplataforma (Windows, GNU/Linux e Mac), libre e de código aberto destinado á edición e tratamento do son.

      Neste material podemos ver algunhas prácticas guiadas para coñecer o seu funcionamento.

  • EDICIÓN DE VÍDEO
    • Windows Movie Maker

      É un sinxelo editor de vídeo que incorpora Windows. Neste material vemos instrucións básicas de manexo da versión para XP.

      Este é un vídeo da nosa canle en Youtube editado con WMM:


    • Openshot

      É un editor de vídeo para Linux. Na aula de informática I está instalado nos PCs que incorporan Xubuntu 14.04.

      Este é un titorial do programa. E este é un vídeo da nosa canle en Youtube editado con el:

    • Youtube

      Este ano, co motivo da posta en marcha da web dinámica do centro creamos unha canle en Youtube.

      En principio parece un contrasentido evitar usar servicios alleos como Blogger para aloxar o noso contido en Drupal e Coppermine e logo aloxar os vídeos nesta plataforma. Os motivos foron fundamentalmente dous:
       
         
      • Facilidade de inserción. Se ben os vídeos se poden cargar en Drupal seguindo estas instrucións, pareceunos máis doado subilos a Youtube e inserilos dende alí.
      •  
      • Difusión. Youtube é unha plataforma usada por millóns de usuarios. Pensamos que é unha excelente ferramenta para difundir algúns dos traballos que realizamos no centro.
  • REVISTA EN PAPEL E PDF: SCRIBUS

    scribus
    • Usamos o programa de maquetación libre e gratuíto Scribus para realizar a edición en papel e en pdf (que colgamos na páxina web).
  • Pero ... ¿como creamos a revista dixital?

    • Para crear a revista usamos a opción "Libro" de Drupal. Os libros permiten agrupar os artigos da páxina e navegar entre eles facilmente.


      Para aloxar os artigos creados polo alumnado hai unha categoría oculta dentro da revista chamada "Artigos 14/15". Non se pode acceder ao seu contido antes da publicación da revista.

      Para os artigos que xa existen na páxina, optamos por crear un único artigo "Actividades" na categoría anterior que conteña enlaces a eles.

      Como hai artigos publicados na páxina que conteñen traballos dos alumnos, optamos por duplicalos tal como se amosa máis abaixo.

      Nos seguintes vídeos podedes ver os pasos que seguimos para:

      1º.- Crear a categoría na que aloxar os artigos da revista e ocultala ós usuarios non rexistrados ata o momento no que se publique a revista.


      2º.- Crear o libro, a páxina de acceso á revista e os diferentes apartados.

      Crear un artigo en "Revista escolar" que dea acceso á revista e ós números anteriores.


      3º.- Aloxar un artigo na revista e asignalo a unha categoría.


      4º.- Duplicar un artigo existente para aloxar a copia na revista.


      5º.- Cambiar a orde dos artigos.


      6º.- Aloxar a revista en pdf e enlazala.