Inicio

Audacity é un editor multiplataforma (Windows, GNU/Linux e Mac) libre e de código aberto destinado á edición e tratamento do son. É gratuíto.

É multipista, permite gravar sons, ceditar arquivos OGG, MP3 e WAV, cortar, pegar, ensamblar e mesturar sons, cambiar a velocidade ou o ton dunha gravación, axustar os volumes, mesturar pistas, etc.

Ademais, inclúe un amplo abano de efectos, algúns deles de gran complexidade, como eliminación de ruídos.

 

Fonte: Galipedia