En outubro de 2014, varios profesores e profesoras solicitamos crear un Grupo de Traballo no noso centro ó abeiro do Plan Anual de Formación:
Sara Alonso (Lingua Castelá e Literatura)
José Manuel Blanco (Tecnoloxía)
Carme Liz (Lingua Galega e Literatura)
Agustín Nieto (Lingua Galega e Literatura)
Gloria Paredes (Lingua Galega e Literatura)
O noso proxecto foi aprobado polo Centro de Formación e Recursos de Vigo e en decembro de 2014 puxémonos "mans á obra" contando en todo momento co asesoramento e axuda de Jesús Martínez.
Experimentamos, en ocasións atinamos, noutras cometemos erros ... Deixamos neste curso en aberto o material que consideramos pode resultar útil a quenes desexen quizáis só crear contidos en Drupal ou incluso elaborar unha revista dixital similar á nosa.
OBXECTIVOS
O obxectivo primordial dos participantes no grupo de traballo era adquirir as destrezas necesarias para elaborar artigos na web dinámica do centro (Drupal), algúns dos cales poderían incorporar elementos multimedia como imaxes, audios e vídeos. A continuación intentariamos "xuntar" artigos para facer unha edición dixital da nosa revista.
XUSTIFICACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO
No noso centro edítase anualmente a revista “Cousas do Castelao” que inclúe información sobre algunhas das actividades que se desenvolveron durante o ano escolar, entrevistas, contribucións do alumnado, ... Esta revista publícase en formato papel o que supón un importante esforzo humano e económico.
En setembro de 2014 puxemos en marcha a “web dinámica”. Pensamos que a web podía supoñer unha interesante ferramenta para publicar unha "edición dixital" da revista que permitira incorporar elementos multimedia. Ademáis, cunha edición online a revista en papel podería ter unha tirada inferior.
Ademáis, gran parte do profesorado definitivo do centro ten unha formación insuficiente para engadir contido á recén estreada web dinámica, polo que pensamos que se conseguimos ser cinco "creadores de contidos", poderemos introducir a máis profesorado no desenrolo activo da nosa páxina.
POR QUE NON USAR ISUU OU SERVIZOS SIMILARES?
O proxecto Webs Dinámicas (WD) está constituído por Drupal (páxina do centro), Moodle (aula virtual) e Coppermine (galería). Estes servizos alóxanse nos servidores da Consellería e son totalmente gratuítos. Neste grupo de traballo entendimos que, posto que o proxecto previsiblemente terá unha vixencia a largo prazo, sería máis útil servirse destes servizos que empregar outros que poden resultar máis sinxelos e atractivos pero que dependen de terceiros. ¿Que ocorrería se realizasemos a revista en ISUU e esta compañía decidira, nun momento dado, dar de baixa a nosa conta, cambiar as condicións de servizo, ...?
Ademáis, como o proxecto WD está presente en tódolos centros de Galicia e dada a mobilidade desta profesión, non habería problema en que novo profesorado se sume tanto á creación de contidos na páxina como á elaboración da revista.
VÍDEO
Neste vídeo podedes ver unha introdución ó grupo de traballo: