O documental titulados Matilda Kelef. Tres promesas 

 serve para explicar a Segunda Guerra Mundial, dende a perspectiva das vítimas, polos mapas e, sobre todo, as imaxes que achega.

A peripecia persoal de Antonia, que muda de vida, relixión e identidade cando casa con Avran Kalef, descendente dunha emprendedora familia sefardí asentada en Belgrado no século XVII, é unha máis desas historias exemplares de “xentís” considerados entre os Xustos das Nacións. A súa acción protectora das fillas, levándoas ao mosteiro católico no cal un frade lles fornece documentos cunha identidade nova retomando o apelido de solteira da nai, deulles unha nova vida as dúas irmás.

Convén lembrar que os diplomáticos españois que forneceron documentación e protección consular a persoas xudeas, como fixo Ángel Sanz Briz en Budapest ou Sebastián Romero Rodrigales en Grecia cos sefardíes de Salónica, actuaron por iniciativa propia, alomenos mentres o filonazi Serrano Suñer ocupaba o Ministerio de Exteriores e arruinaba carreiras como a de Propper del Callejón. Véxanse o documental e a catálogo de Visados para la Libertad da Casa Sefarad Israel). Despois Jordana albiscou a deriva do conflito e a oportunidade de congraciarse cos norteamericanos, e co lobby xudeo, permitindo e loubando a acción humanitaria deses diplomáticos españois. Están saíndo traballos revisionistas que salientan a complicidade do goberno franquista nesa páxina heroica, por exemplo o de José Antonio Lisbona, Mas allá del deber, La respuesta humanitaria del Servicio Exterior frente al Holocausto (Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación, Gobierno de España, con máis de 400 páxinas de documentadas biografías.

As irmás Lola, Amparo e Xulia Touza eran xente do común en Ribadavia mais resultaron fundamentais no relativo éxito da rede de evasión que lideraba, posiblemente, o insubordinado consul portugués Aristides Sousa Mendes.

A historia de Irena Sendler, alcumada o anxo de Varsovia é outro bo exemplo para ensinar a historia da Segunda Guerra Mundial dende a perspectiva das vítimas e das persoas que axudaron a outros seres humanos condeados polos nazis. Mulleres valentes e xenerosas coas que debe empatizar o noso alumnado

Last modified: Thursday, 5 October 2023, 6:13 PM