1.9. Práctica final sobre a represión perpetrada polos sublevados franquistas en Galicia
Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol.
Despois entras nos códigos QR das numeradas como 1. Memoria da represión franquista... e doutras dúas numeracións (catro imaxes en total) que ti escollas. Escoitas con atención ese testemuño e elaboras un mapa conceptual ou cadro / táboa no que recollas as causas, as características e as consecuencias da represión perpetrada polos victimarios fascistas contra esas persoas. Debes describir:
1. O perfil por sexo, idade, actividade profesional, estado civil e militancia sindical ou política das vítimas desa represión.
2. O tipo de represión que padeceu:
- Física con resultado de torturas, paseo, fusilamento despois de xuizo ou cadea en prisión ou en campos de traballo forzado.
- Administrativa: depuración de cargo ou emprego público, multa e incautación de bens, cadea.
3. As consecuencias para as vítimas e as súas familias, incluíndo as experiencias traumáticas do exilio e os campos de refuxiados en Francia.
4. Argumenta si esas modalidades de represión perpetradas polos sublevados franquistas na retagarda se poden caracterízar como crime de guerra ou xenocidio político aplicando a lexislación internacional xenerada despois da Primeira Guerra Mundial.