1. Pescuda e reflexiona: Xenocidio político ou prácticas represivas na España franquista?
Requisitos do completado
Analiza os documentos que presentamos neste cartafol e nos materiais que o seguen. Despois:
1º. Aplica a definición de xenocidio ás diferentes modalidades de represión física (legal e paralegal), administrativa, económica, xudicial e social aplicada polos sublevados contra a Segunda República durante a guerra civil e na posguerra da ditadura franquista.
2º. Argumenta si hai evidencias dun xenocidio político perpetrado polo bando franquista e compárao coas diferentes formas de violencia practicadas no territorio republicano durante a guerra: Paracuellos del Jarama, terror vermello contra bens e persoas da Igrexa e de sectores conservadores da sociedade española da época, etc.