Section outline
-
Xuntamos presentacións dixitais para repasar as características demográficas, económicas, políticas e sociais do denominado Antigo Réxime polos revolucionarios franceses e, posteriormente, polos liberais no abrente do século XIX.
-
Nesta unidade temática analizaremos as características do proceso industrializador desenvolvido durante o século XIX (sectores, fases, estados...) e as consecuencias económicas e sociais desa "revolución industrial" que mudou as sociedades contemporáneas ata o presente.
-
O desenvolvemento tecnolóxico, económico e demográfico facilitou a dominación colonial de África e Asia polos estados europeos ao tempo que a expansión dos Estados Unidos en América e de Rusia en Asia. Configuraron imperios que choraron na guerra comezada en 1914.
-
Describimos neste apartado o proxecto de investigación que pode realizar, voluntariamente, o alumnado na materia Hª do Mundo Contemporáneo durante o presente curso 2021/22
-
Durante o mes de febreiro analizaremos as causas, as características e, sobre todo, as consecuencias demográficas, económicas, políticas e sociais da grande guerra europea de 1914 que rematou afectando a boa parte do mundo ata 1918 e foi, ademais, o desencadeante inmediato da revolución soviética na Rusia zarista da cal resultou un novo sistema político e económico (a ditadura comunista cunha economía planificada) que foi central na evolución política do século XX ata o fracaso do bloque soviético na década de 1980.
-
-
-
Consultade a documentación gráfica e textual que hai nestes 6 cartafois.
Escollede, individualmente, un deses cartafois para elaborar unha narrativa ou composición histórica na que expliquedes:
a) A situación política interna e internacional do Estado ao que correspondan esas imaxes.
b) A evolución da economía e das condicións de vida nesa sociedade durante o período ao que corresponden as imaxes e documentos textuais escollidos.
c) Os conflitos e os movementos de protesta nesa sociedade no período ao que remiten os documentos do cartafol escollido.
c) Os cambios culturais nesa sociedade no período analizado.
Podedes asumir o rol dunha das persoas que aparezan nalgunha das imaxes do cartafol elexido para explicar os asuntos requeridos arriba (a, b, c e d) dende a perspectiva desa persoa.
Prestade atención á rúbrica de avaliación e a ficha técnica que xuntamos nesta mesmo cartafol
Ánimos e bo traballlo