Section outline
-
-
Descarga no teu equipo o informe que xuntamos neste cartafol e utiliza esta información para elaborar un mapa conceptual sobre as causas, as características e as consecuencias da guerra civil.
-
Visiona na seguinte ligazón a película documental Flores tristes dirixida por Teo Abad sobre a represión perpetrada polos franquistas na retagarda galega durante a guerra civil e a posguerra.
Despois, elabora un informe sinalando as cuestións e asuntos que che resultaran máis sorprendentes por novidosos e descoñecidos (para vos) ou impactantes.
-
Analiza os documentos que presentamos neste cartafol e nos materiais que o seguen. Despois:
1º. Aplica a definición de xenocidio ás diferentes modalidades de represión física (legal e paralegal), administrativa, económica, xudicial e social aplicada polos sublevados contra a Segunda República durante a guerra civil e na posguerra da ditadura franquista.
2º. Argumenta si hai evidencias dun xenocidio político perpetrado polo bando franquista e compárao coas diferentes formas de violencia practicadas no territorio republicano durante a guerra: Paracuellos del Jarama, terror vermello contra bens e persoas da Igrexa e de sectores conservadores da sociedade española da época, etc.
-
O territorio galego foi, ademáis de despensa de alimentos e soldados par os exércitos dos militares sublevados contra a Segunda República, un espazo no que estableceron campos de concentración para os presos políticos e os prisioneiros traídos dende outras rexións españolas.
A illa de San Simón converteuse nun deses espazos de reclusión e morte, ben estudados dende comezos deste século por diversas persoas expertas, mais existiron outros moitos en mosteiros (Celanova, e Oseira), antios almacéns de salga etc.
Descarga no teu equipo a información deste cartafol. Analízaa de vagar e elabora un texto expositivo sobre as características deses campos de concentración en Galicia.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resposta as cuestións propostas partindo da lectura reflexiva do documento que se xunta.
-
Descarga no teu equipo este artigo do xornalista Iván Fdez. Amil sobre os experimentos euxenésicos desenvolvidos polo psiquiatra franquista Antonio Vallejo Nájera. Lee con atención o seu contido e despois realiza correctamente as seguintes tarefas:
1ª. Elabora un mapa conceptual cos obxectivos dos experimentos que desenvolveu e as consecuencias dos mesmos.
2º. Contextualiza esas prácticas no pensamento pseudocientífico (euxenesia) e fascista da época.
3º. Elabora un texto expositivo sobre o carácter deses prácticas e os límites éticos da ciencia aplicando os contidos aprendidos nas sesións de Filosofía e nas de Hª Contemporánea.
-
Utiliza toda a información que ofrecemos e debiches consultar para elaborar un mapa conceptual sobre as características e as consecuencias das diversas modalidades de represión perpetradas polos franquistas durante a guerra e a posguerra.
-
Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol.
Despois entras nos códigos QR das numeradas como 1. Memoria da represión franquista... e doutras dúas numeracións (catro imaxes en total) que ti escollas. Escoitas con atención ese testemuño e elaboras un mapa conceptual ou cadro / táboa no que recollas as causas, as características e as consecuencias da represión perpetrada polos victimarios fascistas contra esas persoas. Debes describir:
1. O perfil por sexo, idade, actividade profesional, estado civil e militancia sindical ou política das vítimas desa represión.
2. O tipo de represión que padeceu:
- Física con resultado de torturas, paseo, fusilamento despois de xuizo ou cadea en prisión ou en campos de traballo forzado.
- Administrativa: depuración de cargo ou emprego público, multa e incautación de bens, cadea.
3. As consecuencias para as vítimas e as súas familias, incluíndo as experiencias traumáticas do exilio e os campos de refuxiados en Francia.
4. Argumenta si esas modalidades de represión perpetradas polos sublevados franquistas na retagarda se poden caracterízar como crime de guerra ou xenocidio político aplicando a lexislación internacional xenerada despois da Primeira Guerra Mundial.
-
Lee con atención o informe que xuntamos e elabora un mapa conceptual sobre as características do exilio republicano e as consecuencias do mesmo para as persoas que o padeceron e para a loita contra as potencias fascistas durante a Segunda Guerra Mundial
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga no teu equipo esta tarefa e resólvea como se require.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga no teu equipo os materiais deste cartafol. Despois elabora un texto argumentativo explicando:
1º. As características ideolóxicas da ditadura franquista.
2º. Os apoios sociais e políticos que tivo durante a guerra civil e a posguerra.
3. A súa evolución ideolóxica para adaptarse ao contexto político internacional durante a Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría.
-
Elabora un mapa conceptual sobre as os apoios, obxectivos e vítimas da ditadura franquista partindo da información das entrevistas a Julián Casanova, catedrático de Historia da U. de Zaragoza e autor da máis recente biografía de Franco, sobre as características do ditador e do réxime que estableceu, e as manipulacións da historia que fan asociacións revisionistas como a Fundación Francisco Franco ou a Plataforma 2025 que publicou o manifesto "ni olvidamos ni callamos" facendo apoloxía da ditadura franquista pese á Lei de Memoria Democrática.
-
Elabora un mapa conceptual sobre os obxectivos e as consecuencias da Autarquía imposta polo goberno franquista en 1940 partindo das imaxes que xuntamos neste cartafol e dos contidos traballados nas sesións presenciais.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.