Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. TD1_22
  3. 1ª Avaliación
  4. Tarefa 4: SCRATCH, rexistro e OLA MUNDO. 100 ptos. REABERTO ATA O 09/06/2023.

Tarefa 4: SCRATCH, rexistro e OLA MUNDO. 100 ptos. REABERTO ATA O 09/06/2023.

Requisitos do completado
Recibir unha cualificación
Abertas: xoves, 8 de setembro de 2022, 12:00 AM
Pendente: sábado, 8 de outubro de 2022, 11:59 PM

Antes de realizar esta tarefa é preciso que vexas o recurso Introdución a SCRATCH (para rexistrarse podes ver o titorial directamente neste enlace).

Nesta tarefa terás que enviar dous enlaces similares a estos:

  1. A URL do meu Perfil en Scratch é https://scratch.mit.edu/users/accionangel/ ao que podes acceder clicando nel.
  2. O meu primeiro Scractch, OLA MUNDO é este. (fíxate na url: https://scratch.mit.edu/projects/233245974/)

Criterios de Cualificación:

  • Envío da tarefa tal e como se indica arriba. 20 ptos.
  • Título do Scratch. 10 ptos.
  • Instruccións (so a primeira frase do que puxen eu) 10 ptos.
  • Créditos. 10 ptos.
  • Escenario. 10 ptos.
  • A personaxe fala (Ola Mundo!. Neste curso imos traballar cos e-textiles. Nós investigaremos sobre ...., distribuidos nun mínimo de 3 mensaxes). 20 ptos.
  • A personaxe móvese. 10 ptos.
  • Calquera extra non contemplado. 10 ptos.

Cada parella ten asignado un tema de investigación (14 parellas para 14 temas propostos na Actividade 1.

A personaxe, polo de agora será o gato Scrtach, falará sobre o tema de investigación escollido polo equipo.

A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:55 do día sinalado no título da tarefa.

As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de retraso ata un máximo do 40%.

As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor. 

 

Consello:

Unha vez enviado volves ao enunciado da tarefa e embaixo da mesma verás o que enviache e o mesmo que verei eu, comproba que funciona o enlace e que non esqueciche nada, se non fose así volve a editalo.


Titorial: Como facer un bo enlace.

  • Selecciona o texto que queres que sexa un enlace a outro sitio.
  • Clica na icona das cadeas (Enlace)
  • Na xanela que se abre:
    • "URL del hipervínculo", dirección á que queremos ir cando cliquemos no texto (que se volverá azul).
    • Clica para escoller "Abrir en una ventana nueva", deste xeito abrirase o enlace nunha nova lapela do navegador e manteremos aberta na que estamos.
  • Remátase clicando en "Crear enlace".


Comprobación para novos usuarios do Aula Virtual.
  • Abre o despregable situado á dereita da túa foto de perfil, arriba a dereita do marco da Aula Virtual.
  • Escolle "Preferencias"
  • En "Cuenta de usuario" preme en "Configuración del editor".
  • Comproba que o "Editor de texto" sexa: "Editor TinyMCE HTML", se non estivese este, desprega as opcións, escólleo e garda cambios.

 

REABERTO ATA O 09/06/2023 con desconto do 20%

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle