Actividade 1. Proxecto de investigación. Parellas. 100 puntos. REABERTO ATA O 09/06/2023.
Crea o teu primeiro equipo buscando unha parella (no caso de grupos impares facilitar a opción de tríos ou traballo individual [no caso de nova incorporación faría equipo coa persoa que traballase soa ou desfaría un trío segundo acordo ou ao chou).
Escollede un tema de investigación:
| Tema | 1ºA | 1ºB | 1ºC | 1ºD | 1ºE |
| Tipos de fibras téxtiles. | Noel-Lucas | Iago B - Mateo | Adrián - Ekaitz | Teo - Marco | Pablo - Antonio |
| Tipos de tecido, estrutura. | Blas-Manuel | Daniel - Iván Sande | Pablo - Yeray | Carlota - Giovanna | David - Brais C |
| Tecidos non tecidos. | Samuel-Iago | Pablo - Leo | Daniel - Leandro | Bárbara - Nuria | Amanda - Leonor |
| Unións de tecidos. | Alex-Samuel | Ender - Iker | Enma - Iria | Xoel - Diego | Yago - Adrián |
| Historia téxtil. | Sara-María | Carmen - Sara | Aitor - Óscar | Isaac - Sebastián | Xulio - Brais G |
| Historia do proceso de tecido artesanal. | Alexis-Antón | --- | Antón - Xian - Aarón B | --- | --- |
| Contaminación da industria téxtil. | María-Carlota-Carmen | Javier - Iván Seoane | Ainhoa - Aaron A | Jimena - Antía | Javier - Álvaro |
| Tecidos técnicos. | --- | Laura - Lois - Tiago | Cecilia - Lara | Cristian - Jacobo | Manu - Yabu |
| Tecidos intelixentes. | Mili-Andrea | --- | --- | --- | Susana - Fátima |
| Arquitectura téxtil. | Isaias-Yessica | --- | --- | --- | --- |
| Costura. Tipos de puntadas a man. | Lucía-Yurena | Alejandra - Ailin - Jaidarling | Vania - Iria | Laura - Gisela - Yurena | Sara - Miranda |
| Costura. Tipos de puntadas a máquina. | --- | Sofía - Nerea | Alba - Hugo F | Martín - Daniela | Lucía - Yolanda |
| Reciclaxe téxtil. | Daniela-Claudia-Asenet | Serki - Ana | Hugo N - Iván | Ana - Isabella - Romaysa | Martín - Ari |
| Coidados dos tecidos. Etiquetas, simboloxía. | --- | Iago G - Diego | Xoel - Manuel | Jorge - José Manuel | Antón - Rubén |
- Tipos de fibras téxtiles.
- Tipos de tecido, estrutura.
- Tecidos non tecidos.
- Unións de tecidos.
- Historia téxtil.
- Historia do proceso de tecido artesanal.
- Contaminación da industria téxtil. Enlace 1.
- Tecidos técnicos.
- Tecidos intelixentes.
- Arquitectura téxtil.
- Costura. Tipos de puntadas a man.
- Costura. Tipos de puntadas a máquina.
- Reciclaxe téxtil.
- Coidados dos tecidos. Etiquetas, simboloxía.
Creade unha carpeta de equipo, Tema_Nome_Nome, dentro das vosas carpetas compartidas co profesor/a. Lembrade que un a crea e o outro a busca en "Compartido conmigo" para mover o acceso directo dentro da súa carpeta persoal. A partir de aquí o que un de vós metades nesa carpeta apareceralle automaticamente ao compañeiro/a. Probade creando unha presentación de nome: Tema_Nome_Nome.
Investigade sobre o voso tema e ide inserindo imaxes, unha por diapositiva, na vosa presentación. Lembrade poñer debaixo de cada imaxe a url da web onde a obtivéchedes.
No apartado "Notas", embaixo de cada diapositiva, iredes escribindo o texto relacionado coa imaxe e que servirá de guión para o voso Scratch interactivo.
Procurade traballar cada un dende a vosa conta Google, cada un no seu ordenador, para que quede reflectido no historial as achegas de cada un de vós. Lembrade que estes recursos permiten o traballo simultáneo de varios editores.
Entrega da tarefa:
Envía a ligazón á presentación así como o pdf da mesma.
- Para obter o pdf da presentación ide a Arquivo - Exportar como pdf, dádelle o nome axeitado, o mesmo que o da presentación, e gardádeo nunha carpeta co nome do proxecto no voso equipo. Unha vez o teñas gardado no teu ordenador xa podes arrastralo ao espazo adicado a arquivos adicionais da entrega da tarefa, ou empregar a icona Agregar do mesmo espazo.
- No cadro de texto envía o seguinte:
- A url longa á nosa presentación é: .............. e a mesma expresada de xeito acortado sería: ............................
Criterios de Cualificación:
- Pdf da presentación co nome axeitado. 20 puntos.
- Texto segundo indicacións coas url ligadas, que abran en lapela nova e teñan por título de accesibilidade: Ligazón á presentación. Abre en lapela nova. 20 puntos.
- Presentación cun mínimo de 5 imaxes para escenarios. 10 puntos.
- Presentación cun mínimo de 10 imaxes para obxectos. 20 puntos.
- Presentación coas url baixo cada imaxe. 10 puntos.
- Presentación coas Notas en cada unha das diapositivas. 10 puntos.
- Participación equivalente segundo o historial. 10 puntos.
REABERTO ATA O 09/06/2023 con desconto do 20%