DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IESEBA
Section outline
-
Neste apartado da aula virtual poderedes atopar recursos que vos axudarán nas decisións que teredes que tomar ao longo dos vosos estudos: sobre a ESO, o bacharelato, elección de materias, a ABAU, Universidade, Formación Profesional, bolsas de estudos, etc.
Recordade que se tedes calquera dúbida podedes vir polo departamento de orientación do instituto ou escribir un correo electrónico ao seguinte enderezo:
citaorientacion@iesblancoamor.com
Benvid@s ao Departamento de Orientación!

-
-
Queres facer estudos universitarios pero non sabes onde se imparten? Neste buscador é posible localizar todos os estudos universitarios oficiais de grao, máster ou doutoramento que se poden cursar en todas as universidades españolas.
-
A UDC adica este apartado da sua páxina web aos futuros estudantes universitarios con toda información que precisades coñecer
-
Tes pensado facer un grao universitario na USC? como futuro estudante interésache coñecer a información que adican especialmente para vós
-
Interésache coñecer a UVigo? Mira ben o que che contan na sua páxina web...
-
-
As ensinanzas de réxime especial comprenden as ensinanzas deportivas, as artísticas e as de idiomas. Nos apartados que están a continuación atoparás información de cada unha delas.
-
Páxina da Consellería de Educación na que premendo en cada icona, poderás acceder á información oficial sobre as seguintes ensinanzas:
- Deportivas.
- De idiomas.
- Artísticas.
- De adultos.

-
-
As ensinanzas superiores de deseño responden á necesidade de proporcionar aos futuros profesionais unha adecuada formación artística, científica e técnica, así como unha formación de calidade e unha titulación superior en diversos ámbitos do deseño. Abranguen catro especialidades (deseño gráfico, de interiores, de moda e de produto), cunha duración de catro cursos académicos, mais un proxecto final. O título que se obtén ao seu remate é oficialo e equivalente, para todos os efectos, á titulación de grao universitario.

Prazo de admisión para o curso 22/23: do 22 de abril ao 23 de maio ou ata o 23 de xuño de 2022 para aqueles que non teñan que realizar a proba que substitúe o requisito de ter bacharelato.
-
Na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, con sede en Pontevedra, podes estudar unha titulación superior, equivalente a todos os efectos a un grao universitario, en calquera destas tres especialidades: Arqueoloxía, Escultura e Pintura. Neste apartado atoparás a información que precisas se estás interesado neste ámbito.

Prazo de admisión para o curso 22/23: do 22 de abril ao 23 de maio ou ata o 23 de xuño de 2022 para aqueles que non teñan que realizar a proba que substitúe o requisito de ter bacharelato.
-
Como futuro estudante, deberías botarlle un ollo a todo o que a Escola che conta na sua páxina web.

