Section outline

  • Indicacións para a Proba Extraordinaria de Setembro 2015


    Indicacións para a proba estraordinaria de Setembro de 2015 da materia de Informática de 4º da ESO dado que ten unha limitación horaria (unha hora e media).


    Os criterios de avaliación nos que se centrará a mesma:


    • Manexo do correo electrónico con adxuntos comprimidos.
    • Compresión e descompresión de carpetas.
    • Búsqueda de información en internet.
    • Elaboración dunha presentación en Google Drive co material facilitado no correo electrónico e coa información atopada en internet.
    • Publicación da presentación no seu blogue persoal cunha breve exposición da opinión persoal sobre o tema tratado na presentación.
    • Envío do enlace á entrada do blogue onde se inseriu a presentación á Aula Virtual na tarefa creada ao efecto.
    • Envío por correo electrónico a inforeba@gmail.com (en resposta ao enviado polo profesor coa tarefa) do enlace acortado á presentación aloxada en Google Drive (con permiso de edición) e cun adxunto consistente nunha carpeta comprimida que conteña tanto a documentación suministrada inicialmente como a solicitada na tarefa.

    A proba terá lugar na aula de Informática 2 sita no cuarto andar. Lémbrase a obritatoriedade de ser puntual dado que pasados 15 minutos do comezo da proba non se poderá acceder á mesma.

    • Benvidos a esta proba extraordinaria de setembro para superar a materia de Informática de 4º da ESO do curso académico 2014-15.

      Esta proba consiste en publicar no teu blogue unha entrada cunha opinión persoal sobre Violencia de Xénero nas relacións adolescentes e que irá acompañada dunha presentación que realizarás en Drive.

      Condicionantes:
      • A presentación contará cun mínimo de 5 diapositivas: Portada con título e autor, 3 de contido e unha webgrafía final onde inclúas as url das fontes empregadas.
      • A presentación terá unha licencia CC-BY.
      • Unha das imaxes a incluir vai na carpeta comprimida adxunta (a súa url vai nun documento de texto).
      • Na citada carpeta comprimida tamén vai unha presentación que pode ser útil.
      Pasos recomendados a realizar logo de comprender ben o obxectivo da proba:
      1. Descargar e descomprimir a carpeta adxunta.
      2. Localizar as imaxes que precises para a túa presentación e anotar nun documento de texto as url.
      3. Nun documento de texto redactar o artigo para o blogue (sería interesante algunha busca en internet sobre o tema).
      4. Realiza a presentación en Drive e obtén o código para inserila no teu blogue.
      5. Crea unha entrada nova no blogue, ponlle un título, insire a presentación e redacta o artigo de opinión.
      6. Envía o enlace acortado á entrada do blogue á Tarefa do Aula Virtual (Tema 24)
      7. Comparte a presentación de Drive conmigo de xeito que poida editar.
      8. Descarga en formato pdf a túa presentación.
      9. Crea a carpeta comprimida que terás que enviar no seguinte punto.
      10. Resposta a este correo incluíndo o enlace acortado á presentación en Drive e unha carpeta comprimida que inclúa a túa presentación, as imaxes empregadas e un documento coas url ou direccións das fontes.

      Calquera dúbida tédela que facer empregando o chat de Google (dende Gmail), Hangouts, chat do aula virtual, Telegram (@angelaccion). Se non queda más remedio atendereivos verbalmente pero se hai axudas teñense que ter en conta na nota e iso só pode facerse se queda constancia escrita.

      Bo traballo e pensade que é moito máis sinxelo do que vos pode parecer neste momento.