Section outline

  • CHROMA KEY ou EFECTO CROMA. PROGRAMA DE TELEVISIÓN



    • VIDEOTITORIAIS




    • Chroma Key con Camtasia


      A continuación tedes o meu primeiro videotitorial co efecto Chroma editado con Camtasia. Aplicádevos o conto: experimentade e aprendede dos erros, xa iredes descubrindo a importancia dun guión previo á grabación, por exemplo.


      A verdade é que o recurso que máis que axudou foi este videotitorial de 2:40 minutos para ver o sinxelo que é a edición con Camtasia (partimos de que xa traballáchedes con Movie Maker e coas pistas ou liñas de tempo).
      Pero non todo é a parte técnica, nin tampouco o verdadeiramente importante, realmente o obxectivo é manexar esta técnica para ampliar o meu (e o voso) repertorio comunicativo audiovisual. A nivel educativo Xacobo de Toro é a miña inspiración e recoméndovos seguir a súa investigación e aplicación ao aula dos recursos multimedia sempre pensando na participación activa do alumnado, non como consumidores senón como creadores de contidos.

      Aínda que comecei con Camtasia a idea é traballar con Touchcast polas súas posibilidades interactivas como podedes observar neste artigo. O único "pero" é que polo de agora só está dispoñible para iOS, vamos que para o iPad e os Mac.