• Enquisa PLEA Alumnado

    Estimado alumnado, solicitamos a vosa colaboración para a elaboración do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información (PLEA). A Consellería de Educación establece a obrigatoriedade de que todos os centros elaboren o seu propio PLEA, co obxectivo de mellorar de forma transversal as competencias comunicativas e de tratamento da información do noso alumnado. Para que este plan sexa realista, eficaz e responda ás nosas necesidades e realidades, pregamos dediquedes uns minutos a cubrir a enquisa compartindo a vosa experiencia e perspectiva. A vosa visión é insustituíble. O voso criterio é a base da que partiremos para construír estratexias que nos axuden a mellorar.  A participación é anónima e as informacións recollidas serán tratadas con fins exclusivamente estatísticos para a elaboración deste plan. Prazo: ata o 21 de xaneiro de 2026. Grazas de antemán polo voso tempo e compromiso, recibide un cordial saúdo.

    Enquisa PLEA