Estimadas familias,
No mes de febreiro dará comezo o programa de terapia asistida con animais, dirixido ao alumnado de 3º da ESO no marco do PIE, (proxecto de inclusión educativa levado a cabo no IES Santiago Basanta Silva.) A continuación amosamos a memoria das actividades que se van realizar co alumnado dentro deste programa.
Impreso que a familia ten que cubrir cando necesite que o/a alumno/a da ESO baixe á entrada do Edificio A, por exemplo para unha cita médica. Terá que cubrilo e firmalo con antelación e será entregado polo alumno/a ao profesor/a co que ten clase no momento de baixar.
INFORME
"Trala publicación no portal educativo da Consellería de Educación da resolución do 12 de Febreiro de 2025, pola que se regula a xestión das probas de acreditación de competencia lingüística en línguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 24-25 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación,
AVÍSASE ao alumnado interesado en presentarse a estas probas durante o curso 24-25, que:
DEBE DESCARGAR E CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE COMPROMISO INDIVIDUAL de presentación ás probas, DISPOÑIBLE aquí mesmo , e ENTREGALO NAS OFICINAS DE ADMINISTRACIÓN, ANTES DO MARTES 25 DE FEBREIRO"
tendo en conta o establecido na Orde do 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos, publicamos aquí o Protocolo sobre o uso de móbiles e dispositivos electrónicos que se vai a aplicar neste centro, despois do vista e prace do mesmo por inspección educativa
PROTOCOLO DE USO DE MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA