Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026 destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 03/02/2026).
A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2026.

No seguinte enlace podes ver a publicación da Instrución 1/2006 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de  réxime especial polo réxime OFICIAL E LIBRE para o curso 2025/26. 

Cadro das ligazóns e datas.

prazo de matrícula para o alumnado do réxime libre será do 23 de febreiro ao 6 de marzo.

 

FECHA Y ORGANIZACIÓN DEL EXAMEN

En principio , a data do examen é o 20 de maio de 2026, se hai algún alumno/a que non esté becado pode facer o examen pagando á empresa 100 euros. Deberedes seleccionar o tipo de examen :

  • Oxford Test of English for Schools (examen A2–B2 para menores de edad) 
  •  Oxford Test of English Advanced (nivel C1). 

É fundamental que os alumnos realicen a demo oficial do exame antes do día da proba. A demo permítevos familiarizarse co formato, o tipo de preguntas, a navegación pola plataforma e a xestión do tempo, aspectos clave para afrontar o exame con seguridade e evitar erros o día da convocatoria.

Por iso, recomendámosvos encarecidamente que todos os/as candidatos/as practiquen coa demo correspondente ao seu exame a través das seguintes ligazóns oficiais, onde ademais atoparán información detallada e modelos de proba por niveis:

CLICK AQUÍ ➡click DEMO OXFORD TEST Ou ENGLISH FOR SCHOOLS (12-18 anos)
CLICK AQUÍ ➡ click DEMO OXFORD TEST OF ENGLISH ADVANCED-C1

Ademais, consideramos especialmente importante que os/as alumnos/as teñan unha orientación clara sobre como afrontar as destrezas de Speaking e Writing, xa que adoitan resultar as partes máis complexas do exame ao requirir unha produción directa do contido. Na seguinte ligazón atoparán consellos prácticos e recomendacións específicas para preparar ambas as destrezas.Ademais, Oxford University Press pon ao dispor dos candidatos un curso de preparación en liña específico para cada un dos niveis. Para acceder, os/as alumnos/as unicamente deben rexistrarse como estudantes a través da seguinte ligazón, cubrindo os seus datos persoais e seleccionado o nivel que queren preparar. Tras o rexistro, recibirán automaticamente no seu correo electrónico toda a información necesaria para acceder ao curso.

CLICK AQUÍ TIPS SPEAKING E WRITING + CURSO DE PREPARACIÓN EN LIÑA
Se algún do/as alumnos/as ten algunha dúbida ou consulta con respecto a calquera tema relacionado co exame ou o proceso de inscrición, poden contactarnos por teléfono ou por Whatsapp no 698109789.

Debedes mandarme o voso teléfono, e correo electrónico para mandar a OUP a madogarba@gmail.com.

A xefa de departamento de inglés. 

Mª Dolores García Barrio