TAREFAS e CALENDARIO PARA O RESTO DO MES DE XUÑO

TAREFAS e CALENDARIO PARA O RESTO DO MES DE XUÑO

por Montserrat Rodríguez Paz -
Número de respostas: 0

Luns, 09 de xuño de 2025: Que é unha pirámide de poboación. Elaboración dunha. Se non da tempo a rematala na clase, debedes facela na casa e traela o xoves. Hoxe faremos os exames pendentes do trimestre (aquel alumnado que faltou ao exame de América)

Xoves, 12 de xuño de 2025: Como se analizan os datos demográficos? Práctica. Debedes traer a calculadora.

Venres, 13 de xuño de 2025: Segunda práctica de análise dos datos demográficos. Lembrade traer de novo a calculadora.

Luns, 16 de xuño de 2025: Examen práctico de datos demográficos. Debedes traer a fotocopia das fórmulas e a calculadora. HOXE DEBEDES ENTREGAR AS LIBRETAS DE TODO O CURSO. Devolveréivolas mañá para os que precisen estudar para a recuperación.

Xoves, 19 de xuño de 2025: EXAME DE RECUPERACIÓN DAS AVALIACIÓNS SUSPENSAS, LOGO DAS RECUPERACIÓNS.

Venres, 20 de xuño de 2025: SAÍDA "Etapa do Camiño de Santiago Oia-Baiona" e o resto da xornada na praia (levade cartos para un xeado, se queredes)