SEMANA DOS XOGOS TRADICIONAIS e DA FROITA E O LEITO NO RECREO.
Luns, 07 de abril de 2025: Lembrade que tedes un exercicio para traer feito. Remataremos todas as tarefas de América e analizaremos as características das tres grandes culturas precolombinas (tedes a teoría fotocopiada, non a esquezades na casa)
Xoves, 10 de abril de 2025: Visita ao Museo da Navegación e á réplica da carabela Pinta. Percorrido polo casco histórico de Baiona e a muralla.
Venres, 11 de abril de 2025: Hoxe veremos a ocupación de América polos europeos e remataremos o tema que entra no próximo exame. Lembrade que hoxe, nas 3 últimas horas da mañá son os obradoiros.
Deséxovos unhas felices vacacións de Semana Santa. Lede moito e disfrutade das amizades e da familia nestes días de descanso. Vémonos á volta. A profe Montse