Comezamos a semana co cambio de hora. Empezamos as clases cun pouco menos de luz e sairemos de día.
Luns, 31 de marzo de 2025: Completaremos e corrixiremos o resto das tarefas de América. Revisaremos a teoría. Se non podemos rematar hoxe, o faremos o xoves. Debedes levar para casa a autorización da "Saída a Baiona" do xoves, 10 de abril. Mellor traelas asinadas esta semana.
Xoves, 03 de abril de 2025: Veremos o que é importante estudar do Tema 5 que é o que estamos a traballos. Traede o voso libro.
Venres, 04 de abril de 2025: Imos traballar como se construiu a Idade Moderna. As súas características máis importantes. Deste tema faremos un exame e un traballo que vos indicarei a próxima semana.
Non esquezades traer o libro de texto e, se aínda non o entregáchedes, traer a autorización para a saída a Santiago.