Semana do 20 ao 25 de xaneiro de 2025

Semana do 20 ao 25 de xaneiro de 2025

por Montserrat Rodríguez Paz -
Número de respostas: 0

Luns, 20 de xaneiro de 2025: Non esquezades traer regla, pegamento, tesoiras, todas as fotocopias que estamos a traballar e a liña de tempo. Debedes traer as 4 liñas pasadas a tinta e cos anos escritos nas catro. Lembrade que comezamos no ano 600 e remata no 1500.

Xoves, 23 de xaneiro de 2025: Hoxe remataremos a liña do tempo. Para o alumnado coa primeira avaliación suspensa, hoxe será o exame de recuperación. (adiada por faltar algún alumno/a)

Venres, 24 de xanerio de 2025: Por grupos, na biblioteca, elaboraremos a segunda parte do traballo. Buscaremos información sobre as obras da arte hispanomusulmana e realizaredes as fichas, segundo o documento xa entregado. Hoxe será o exame de recuperación da pendente de 1º ESO. (adiada por faltar algún alumno/a)