Luns, 18 de novembro de 2024: Non esquezades traer as autorizacións e os cartos para a saída a Santiago. Lembrade que somos moitos e que aceptaremos entregas ata encher o autobús.
Hoxe comezaremos un novo bloque AS SOCIEDADES FEUDAIS (Tema 2 do libro). Quen son os vikingos ou normandos? (Tema da nosa visita a Santiago)
Xoves, 21 de novembro de 2024: Os reinos que xurdiron na Europa da Alta Idade Media. As Institucións.
Venres, 22 de novembro de 2024: Que é o FEUDALISMO? Características principais. Faremos unha actividade sobre as obrigas dos traballadores dun feudo durante a Idade Media.