HORA DE LER_Propostas de traballo
Section outline
-
-
Subiremos neste apartados as propostas lectoras dos departamentos para cada semana (se é que as temos).
Grazas a todas e todos. -
PROPOSTA: Lectura dramatizada para 2º ESO ou para o mes de xaneiro (mes no que os RRCC expulsaron aos árabes da P.I.
ACTIVIDADE: Analizar os dous puntos de vista (verdades e mentiras dos dous puntos de vista)
-
-
Anexo I: Listado de alumnado de 2º Bacharelato que irá á biblioteca en HORARIO LECTIVO
Anexo II: Calendario HORA DE LER
Anexo III: Listado de alumnado, por grupos, con nª de usuario.
Anexo IV: Proposta de actividades da Biblioteca para o curso 2024/2025
Anexo V: Texto inicial para a PRIMEIRA SESIÓN DA HORA DE LER.
Autor: Agustín Fernández Paz
Título: "Onde hai unha biblioteca hai unha luz"
Actividades: Incluidas no documento adxunto.
-
NIVEL: 3º e 4º ESO
TEMAS: Familia, privacidade, ELA, distintos tipos de familias e a importancia do rexistro civil das mesmas. Importancia de ler as noticias, sen quedarse cos titulares,
ASPECTOS A TRABALLAR:
1.- Que lles suxire o título, antes de ler o artigo.
2.- Lectura silenciosa do artigo en pequenos grupos ou parellas.
3.- Escoller, personalmente, unha palabra que lles suxire o artigo, logo da súa lectura. Nunha folla, de grupo, deben escribir a citada palabra (xunto ao seu nome)
4.- Comentar as principais ideas do texto en gran grupo.
5.- Preguntarlles se saben que é a ELA e que consecuencias ten.
6.- Alguén da clase coñece, entre a súa veciñanza, dalgunha situación que poda ser comparable coa narrada no texto.
-
Estimadas compañeiras e compañeiros!
Esta semana, o Equipo Directivo, propúxonos un apoio visual con Gaza, dando o noso OK a un real e efectivo proceso de PAZ.
Dende o Equipo de EDLG e Biblioteca queremos achegarvos algunhas posibles lecturas, para a Hora de Ler da próxima semana, continuando coa actividade en solidariedade co pobo palestino.
Achegámosvos:1.- Unha UD do sindicato CIG que ten, ao final , varios textos con actividades (son curtos e de diversos Xéneros Literarios).
2.- Un cómic GAZA-AMAL. Está impreso na biblioteca (haberá 10 exemplares). Son fotocopias mais están en formato cómic, de lectura doada.
3.- Tres coleccións de contos sinxelos sobre Gaza.Esperamos que sexan do voso interese e sirvan para traballar nas aulas co noso alumnado.
Saúdos.
Equipo de Biblioteca/EDLG
-
-
-
1.- Historia da noite do Samaín.
2.- Conto "A veciña"
3.- Contos 13 avisos
4.- Un xogo de Tabú sobre o Samaín
-
-
-
Artigo de 20 minutos, cun guión para traballar na aula, proposto para 3º ou 4º da ESO.
Moi interesante para traballar a historia da Constitución Española, o pouco recoñecemento do papel das mulleres na historia de España e da historia en xeral.
-
Interesante artigo para traballar a situación en Gaza. Aínda que o artigo é de hai un ano, semella moi actual.
Interesante para traballar con 3º e 4º ESO
-
Libros con contos para traballar os DDHH.
Proposta para 1º e 2º ESO.
-
Propoñemos ler o conto e/ou o folleto do Apalpador e que o alumnado de 1º e 2ª escriban unha carta na que detallen o que lle pedirían para mellorar o mundo...
Podemos darlle un premio á carta máis orixinal.
Engadimos un modelo de papel-carta para imprimir
-
Por se alguén prefire un tema máis navideño para os maiores, aquí vai un libro sobre criaturas galegas do Nadal.
Feliz lectura
-
-
-
Proposta para a Hora de Ler:
- 1º e 2ª ESO: Actividade no claustro interior do IES (profesorado que teña hora de ler con eles e esté interesado en participar): Lectura dun texto sobre a Historia de Sadako e obradoiro de origami (pequenos grupos mesturados entre todos os niveis/grupos participantes). O profesorado interesado debe comunicalo á Biblioteca para organizar grupos e fotocopias. O profesorado que quera sumarse é preciso que colabore na sesión presencialmente.
- 3º e 4º ESO: Proposta de lectura sobre a paz (Aula de recursos Hora de Ler).
1) Artigo de Nacións Unidas titulado "Una nueva era de conflictos y violencia". (Lectura en castelá)
2) Unha das cartas do libro "Cartas de Amor" de Fran Alonso (varios volumes na biblioteca) (Lectura en galego)
3) Escolla de cómics da biblioteca sobre conflitos actuais. Hai unha boa colección: Palestina, Persépole, Maus, etc... Algún grupo pode ir á biblioteca para facer alí estas lecturas. (Diversas linguas)
4) Lectura de poemas (recitados polo alumnado para o grupo). Escolla da "Asociación de escritoras e escritores en lingua galega" feita para o Día da Poesía, mais coa temática pola paz. Este é o enlace, Aínda que tamén hai un pdf aquí adxunto.
-
-
-
- 150 cantares para Rosalía
- A verdadeira relación de Rosalía coa súa nai (e outras curiosidades da súa vida). Artigo do Faro de Vigo.
- Carta a Eduarda (Rosalía de Castro
- Las 15 cosas que no sabías de Rosalía (La Voz de Galicia)
-
-
A primeira fin de semana de marzo, o Concello de Baiona celebra a "Festa da Arribada", adiando as súas celebracións de Entroido.
Ademais da réplica da Carabela, do Museo da Navegación e o instituto, en Baiona - para conmemorar a chegada da Pinta a Baiona o 1 de marzo, publicaron hai anos un conto da súa historia, obra de Avelino Sierra: "Y llegué a Baiona"
Temos varios exemplares na Biblioteca.
Aquí deixámosvos o conto e un cuestionario por se queredes traballo nalgunha das sesións da HORA DE LER
-
-
-
Carl Sagan: “O Cosmos é todo o que é, ou o que foi, ou o que será algunha vez”
-
-
-
1.- Málaga: puerto y ciudad
-
A Biblioteca Nacional Española ofrece, dende o confinamento da Pandemia, recursos educativos para dar a coñerce os seus fondos. Son materiais de todas as materias do noso sistema educativo: Linguas, ciencias sociais, ciencias naturais, filosofía, economía, matemáticas...
Ten recursos para o alumnado e os recursos para o profesorado.
Moi interesante pois traballa sobre documentos orixinais.
-
