CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Proposta para a Hora de Ler:
- 1º e 2ª ESO: Actividade no claustro interior do IES (profesorado que teña hora de ler con eles e esté interesado en participar): Lectura dun texto sobre a Historia de Sadako e obradoiro de origami (pequenos grupos mesturados entre todos os niveis/grupos participantes). O profesorado interesado debe comunicalo á Biblioteca para organizar grupos e fotocopias. O profesorado que quera sumarse é preciso que colabore na sesión presencialmente.
- 3º e 4º ESO: Proposta de lectura sobre a paz (Aula de recursos Hora de Ler).
1) Artigo de Nacións Unidas titulado "Una nueva era de conflictos y violencia". (Lectura en castelá)
2) Unha das cartas do libro "Cartas de Amor" de Fran Alonso (varios volumes na biblioteca) (Lectura en galego)
3) Escolla de cómics da biblioteca sobre conflitos actuais. Hai unha boa colección: Palestina, Persépole, Maus, etc... Algún grupo pode ir á biblioteca para facer alí estas lecturas. (Diversas linguas)
4) Lectura de poemas (recitados polo alumnado para o grupo). Escolla da "Asociación de escritoras e escritores en lingua galega" feita para o Día da Poesía, mais coa temática pola paz. Este é o enlace, Aínda que tamén hai un pdf aquí adxunto.