Section outline

    • Anexo I: Listado de alumnado de 2º Bacharelato que irá á biblioteca en HORARIO LECTIVO

      Anexo II: Calendario HORA DE LER

      Anexo III: Listado de alumnado, por grupos, con nª de usuario.

      Anexo IV: Proposta de actividades da Biblioteca para o curso 2024/2025

      Anexo V: Texto inicial para a PRIMEIRA SESIÓN DA HORA DE LER.

      Autor: Agustín Fernández Paz

      Título: "Onde hai unha biblioteca hai unha luz"

      Actividades: Incluidas no documento adxunto.

    • NIVEL: 3º e 4º ESO

      TEMAS: Familia, privacidade, ELA, distintos tipos de familias e a importancia do rexistro civil das mesmas. Importancia de ler as noticias, sen quedarse cos titulares,

      ASPECTOS A TRABALLAR:

      1.- Que lles suxire o título, antes de ler o artigo.

      2.- Lectura silenciosa do artigo en pequenos grupos ou parellas.

      3.- Escoller, personalmente, unha palabra que lles suxire o artigo, logo da súa lectura. Nunha folla, de grupo, deben escribir a citada palabra (xunto ao seu nome)

      4.- Comentar as principais ideas do texto en gran grupo.

      5.- Preguntarlles se saben que é a ELA e que consecuencias ten.

      6.- Alguén da clase coñece, entre a súa veciñanza, dalgunha situación que poda ser comparable coa narrada no texto.

    • Estimadas compañeiras e compañeiros!

      Esta semana, o Equipo Directivo, propúxonos un apoio visual con Gaza, dando o noso OK a un real e efectivo proceso de PAZ.

      Dende o Equipo de EDLG e Biblioteca queremos achegarvos algunhas posibles lecturas, para a Hora de Ler da próxima semana, continuando coa actividade en solidariedade co pobo palestino.

      Achegámosvos:

      1.- Unha UD do sindicato CIG que ten, ao final , varios textos con actividades (son curtos e de diversos Xéneros Literarios).
       
      2.- Un cómic GAZA-AMAL. Está impreso na biblioteca (haberá 10 exemplares). Son fotocopias mais están en formato cómic, de lectura doada.

      3.- Tres coleccións de contos sinxelos sobre Gaza.

      Esperamos que sexan do voso interese e sirvan para traballar nas aulas co noso alumnado.

      Saúdos.

      ​Equipo de Biblioteca/EDLG