Section outline

    • Importante se facedes a opción da sintaxe na ABAU.

    • En Eutropio aparecen dous usos de cum:

      Cum = preposición

      Cum = conxunción introdutora do Cum histórico.

      Podedes comprobalo botándolle un ollo ao seguinte documento.

    • Análise morfolóxico (faltan as clases de palabras) e sintáctico.

      21 DE MAIO: DETECTEI UN ERRO NA ANÁLISE.

      In Armenia minore = prep. + abl. sg. f.: CCL ("na Armenia Menor / en la Armenia Menor"; en oposición á outra Armenia, a Armenia Maior ou a Gran Armenia). 

      Nocturno proelio = abl. sg. n.: CC

    • Análise morfolóxico (sen clases de palabras e sintáctico)

    • Morfoloxía e sintaxe.

      Ex maxima parte: tradúzase "en moitos aspectos / en muchos aspectos" ou "na súa maioría / en su mayoría".

    • Morfoloxía e sintaxe.

      Aclaración sobre a xenealoxía do emperador Calígula:

      Calígula era neto de Druso. Druso, pola súa parte, era o fillo biolóxico de Tiberio (que chegará a ser emperador), pero foi adoptado polo emperador Augusto. Por tanto, o texto preséntanos a Calígula como neto de Druso e de Tiberio, e aclara que Druso era o fillastro de Augusto.

      Suevia = Suevia: é unha rexión da antiga Xermania.

    • Morfoloxía e sintaxe.

      Nos capítulos anteriores Eutropio fala do emperador Vespasiano e do emperador Tito. Vespasiano era o pai de Tito e Domiciano. Por tanto, Tito e Domiciano eran irmáns biolóxicos. Os tres pertencen á Dinastía Flavia. Primeiro gobernou Vespasiano, despois Tito e finalmente Domiciano.

      No texto fala das campañas que Domiciano levou a cabo contra os sármatas, os catos e os dacios. Di que "sobre os sármatas serviuse unicamente da coroa de laurel" (de Sarmatis solam lauream usurpavit) porque, supostamente, venceu a este pobo tras ofrecerlle a Xúpiter unha coroa de laurel, que simbolizaba a vitoria.

      No texto menciónanse varias obras que fixo en Roma: o Capitolio, o Foro Transitorio, o Pórtico dos Deuses, o Iseo (templo de Isis), o Serapeo (templo de Serapis) e o Estadio (espazo para competicións atléticas que se corresponde coa actual Plaza Navona).

    • Déixovos aquí unha posible tradución deste capítulo ao castelán. Nalgún caso ofrécense varias opcións (para isto úsase a / ou os parénteses).

    • Decies centena milia passum = un millón de pasos (Explicación deste cálculo matemático: 10 veces 100 = 1000; 1000 miles = 1 millón).

      No texto noméanse tres pobos xermanos: os taifalos, os victoalos e os tervingos.

    • eo usque ... ut: ata tal punto que...

      No texto cítanse varios personaxes históricos: o emperador Septimio Severo, Pertinax (Pertinax -acis), Xuliano (Iulianus -i) e Pescenio Níger (Pescennius Niger, Pescennii Nigri).

      Tamén se mencionan diversos territorios: a provincia Tripolitana (territorio da actual Libia) e a cidade de Leptis; Exipto, Siria e a cidade de Cícico.

      Os pobos aos que se alude son os seguintes: os partos, os árabes e os adiabenos. Estes pobos foron vencidos por Septimio Severo e a raíz destes feitos recibio varios sobrenomes: Pártico (Parthicus), Arábico (Arabicus) e Adiabénico (Adiabenicus).

    • Fedro

    • Morfoloxía e sintaxe.

    • Morfoloxía e sintaxe

    • ORACIÓNS INTERROGATIVAS

    • Interrogativas totais, parciais e dobres

    • Os pronomes ou adxectivos interrogativos

    • Neste enlace podedes consultar os principais pronomes e adxectivos interrogativos. Convén que vos sinale que algunhas formas do pron.-adx. interrogativo quis/qui quae/qua quid/quod tamén poden ser interpretadas como o indefinido "alguén, algún". Ademais na fábula 3.17 de Fedro aparece quis co significado de "cada un".

      Aínda que nós traballamos analizando e traducindo os textos da selecta, desde comezos de curso falouse de que na PAU había a opción de facer iso ou responder a certas cuestións sobre o texto proposto. Para este fin é preciso que coñezamos os pronomes e adxectivos interrogativos.