Exemplo de comentario de actualidade - Nietzsche.
Amadeo Llados. Difícilmente, un joven que tenga menos de 25 años no habrá oído ese nombre alguna vez. Este joven madrileño de 32 años se ha hecho viral en las redes sociales por presumir de un estilo de vida de éxito y lujos, y por un lenguaje que se ha convertido en su sello de identidad con palabras como mileurista, panza y fucking. El discurso de Llados es simple, directo y golpea mucho entre los adolescentes. Tilda de fracasados aquellos que se levantan a las 9 lo más tarde, de inconformistas a los que no aspiran a tener tres Lamborghinis aparcados en el garaje, de pobres a aquellos que no tienen un sueldo que ronde los 1.000 euros y de ilusos a aquellos que dedican horas a los estudios. Vende su propia historia como una vida de superaciones, asegura que se ha convertido en millonario después de años trabajando como obrero y lavando platos [...] Estos influencers prometen el éxito, el cual no sólo pasa por “la obtención de dinero”. El curso de Llados es 'Tu1millón', pero su discurso también asegura que, gracias a él, “lograrás una transformación absoluta”. En la realidad, es una estafa piramidal (afirma el psicoterapeuta Miguel Perlado)
Barjadí, C., (20 de mayo de 2024) Amadeo Llados. ¿influencer o líder de una secta? La vanguardia. https://www.lavanguardia.com/gente/20240520/9658042/amadeo-llados-influencer-lider-secta-vida-hay-poco-heroico-frustracion-pmv.html
Dende non hai moito tempo é bastante frecuente atopar nas redes sociais a unha serie de "influencers" que prometen o éxito económico e persoal se seguimos as súas ensinanzas, sen dúbida de todos estes o máis famoso é Amadeo Llados, ao cal se cita no artigo. Llados e outros coma el consideran mediocres e mesmo fracasados a ampla maioría dos membros da sociedade, incapaces de desenvolverse como individuos e de lograr acadar as súas metas. Pode resultar tentador comparar este discurso coa filosofía defendida a finais do século XIX por Friedrich Nietzsche, este tamén nos invitaba a seguir a nosa vontade de poder para poder así desenvolvernos e medrar como individuos. Nietzsche defendía que debíamos converternos no Superhome (Übermensch), ocupando o baleiro que deixa a morte de Deus para converternos en creadores dos nosos propios valores e normas. Pero, é Llados o Superhome nietzscheano? É difícil afirmar que si, xa que o que este tipo de "influencers" fan é promocionar unha nova moral de escravos. Incitan aos mozos e mozas que os seguen a ter un novo referente, un novo creador de normas e valores. Lonxe de axudar que cada un se converta no seu propio guía buscan crear un rabaño obediente ao que vender os seus cursos, un rabaño de servos que acaten e obedezan.
Pode que algún dos conceptos que estes "coaches" empregan nos seus discursos se asemellen ao que propuxo Nietzsche na súa filosofía, pero moi probablemente este último os consideraría como uns falsos ídolos que, prometéndonos unha vida mellor, fan que malgastemos a única que verdadeiramente existe.