Ir ao contido principal
AV
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º(A)

  1. Taboleiro
  2. Cursos
  3. Bacharelato (Adultos)
  4. Segundo Curso
  5. HFIBA2
  6. Tema 12. Nietzsche e a crítica á cultura occidental.
  7. Esquemas textos Nietzsche

Esquemas textos Nietzsche

Requisitos do completado

Texto 1

Introdución

1. Contexto: biografía, obras máis importantes, influencias, crítica ao idealismo (marxismo, positivismo)

2. Tese: o nihilismo e a crítica á metafísica tradicional que provocou a desvalorización da vida.

Desenvolvemento

1. Explicación, como fai Nietzsche nas súas primeiras obras, dos conceptos de apolíneo e dionisíaco. Deixar claro como a tradición filosófica Occidental, dende Sócrates, renuncia ao segundo destes termos, centrándose na procura dunhas verdades, duns conceptos universais trascendentes, afastados do devir e o conflitivo da realidade vital. Buscar exemplos no texto: "no queda más escapatoria que condenar todo este mundo del devenir" .

2. A continuación do erro con Platón: "inventar un mundo que se encuentre más allá de este mismo como mundo verdadero", Explicar como dito erro pasa ao pensamento relixioso e como isto desvaloriza aínda máis a vida.

3. "A morte de Deus" co pensamento moderno e ilustrado, "surge entonces la última forma del nihilismo, que en sí encierra la increencia en un mundo metafísico" Queda, así, un baleiro que ocupar, o cal se enche, por parte dos individuos febles, con ideoloxías, outras crenzas, ciencias, etc. "pero no se soporta este mundo que ya no se quiere negar"

4. Acabamos de explicar as tres etapas do nihilismo. Definir este concepto e deixar claro como aparecen, ditas etapas, no texto. 

5. Alternativa? O "Superhome" (Übermensch). Explicar o concepto e as consecuencias para a filosofía: coñecemento, moral... Explicar a diferencia entre a moral do escravo e do señor. Empregar, para explicar a evolución dende o "erro socrático" ata o superhome, as figuras do camelo, león e bebé.

6. Que queda, entón? A vontade de poder: cada individuo, o cal pon a súa vida no centro, busca reafirmarse, medrar, superarse, satisfacer os seus desexos. Cada individuo interpreta por si mesmo a realidade. Conceptos como os do texto "fin", "verdade" ou "unidade", xa non serven. Definir brevemente vitalismo e perspectivismo na filosofía nietzscheana.

7. Breve: o eterno retorno (a vida no centro)

Conclusión

  1. Recapitulación: a importancia da filosofía de Nietzsche como crítica á tradición occidental e a metafísica (recordar os ataques a Sócrates ou Platón e a reivindicación de figuras como Heráclito e a súa defensa do devir)
  2. Breve reflexión persoal sobre a tese do texto.

Texto 2

Introdución

1. Contexto: biografía, obras máis importantes, influencias, crítica ao idealismo (marxismo, positivismo)

2. Tese: o eterno retorno (a vida no centro)

Desenvolvemento

1. Explicación, como fai Nietzsche nas súas primeiras obras, dos conceptos de apolíneo e dionisíaco. Deixar claro como a tradición filosófica Occidental, dende Sócrates, renuncia ao segundo destes termos, centrándose na procura dunhas verdades, duns conceptos universais trascendentes, afastados do devir e o conflitivo da realidade vital.

2. A continuación do erro con Platón, explicar como dito erro pasa ao pensamento relixioso e como isto desvaloriza aínda máis a vida.

3. "A morte de Deus" co pensamento moderno e ilustrado, queda, así, un baleiro que ocupar, o cal se enche, por parte dos individuos febles, con ideoloxías, outras crenzas, ciencias.

4. Alternativa? O "Superhome" (Übermensch). Explicar o concepto e as consecuencias para a filosofía: coñecemento, moral... Explicar a diferencia entre a moral do escravo e do señor. Empregar, para explicar a evolución dende o "erro socrático" ata o superhome, as figuras do camelo, león e bebé. Que fai o superhome? Pon a vida no centro. Consecuencia disto: estará disposto a vivila de novo unha e outra vez. Aquí está a clave do fragmento: a hipótese do eterno retorno. Deben explicala con detalle e buscar exemplos: "esta vida, tal como la vives ahora y la has vivido, tendrás que vivirla no sólo una, sino innumerables veces más", "al eterno reloj de arena de la existencia se le dará la vuelta una y otra vez –¡y tú con él!", “¿Quieres repetir esto una vez más e innumerables veces más?”

6. O superhome acepta a proposta do "diaño", "responderías: ¡Tú eres un Dios y jamás he escuchado nada más divino!" , "qué feliz tendrías que ser contigo mismo y con la vida, para no desear nada más". O home feble que segue atado á realidade trascendente (afastada da vida) considera esta proposta un castigo: "te arrojarías entonces al suelo, rechinando los dientes, y maldiciendo al demonio"

7. A vontade de poder, o criterio do superhome que acepta o eterno retorno do mesmo: cada individuo, o cal pon a súa vida no centro, busca reafirmarse, medrar, superarse, satisfacer os seus desexos. Cada individuo interpreta por si mesmo a realidade. Definir brevemente vitalismo e perspectivismo na filosofía nietzscheana.

Conclusión

  1. Recapitulación: a importancia da filosofía de Nietzsche como crítica á tradición occidental e a metafísica (recordar os ataques a Sócrates ou Platón e a reivindicación de figuras como Heráclito e a súa defensa do devir)
  2. Breve reflexión persoal sobre a tese do texto.

◄ Resumo Nietzsche
Esquema pregunta de Nietzsche ►

Bloques

Omitir Navegación

Navegación

  • Taboleiro

    • Inicio do sitio

    • Páxinas do sitio

      • Os meus cursos

      • Etiquetas

      • ForoNoticias do sitio

    • Os meus cursos

    • Cursos

      • Bacharelato (Adultos)

        • Primeiro Curso

        • Segundo Curso

          • LLG 2º BACH (A) 25-26

          • EDMN 2º BACH (A) 25-26

          • Mat. CC.SS II | 2º Bach AD | 25-26

          • PSI 2º BACH (A) 25-26

          • HFIL 2º BACH (A) 25-26

          • LAT II 2º BACH (A) 25-26

          • FIS 2ºBACH (A) 25-26

          • QUI 2ºBACH (A) 25-26

          • MAT II | 2º BACH AD | 25-26

          • LG 2º BACH AD 24-25

          • HISTO_FILOSOFÍA

          • HFIBA2

            • Xeral

            • Información xeral sobre a materia.

            • Tema 1. Os berces da filosofía. O pensamento preso...

            • Tema 2. A filosofía de Aristóteles.

            • Tema 3. A ciencia e filosofía do Helenismo.

            • Tema 4. A filosofía medieval: Agostiño de Hipona e...

            • Tema 5. O nominalismo de Guillerme de Ockham e a c...

            • Tema 6. Os berces da Modernidade: método, revoluci...

            • Tema 7. O racionalismo de Descartes.

            • Tema 8. O empirismo de Locke e Hume.

            • Tema 9. O pensamento da Ilustración.

            • Tema 10. O idealismo transcendental de Immanuel Kant.

            • Tema 11. Alienación e ideoloxía na filosofía de Ka...

            • Tema 12. Nietzsche e a crítica á cultura occidental.

              • CartafolTema 12. Nietzsche.

              • URLResumo Nietzsche

              • CartafolEsquemas textos Nietzsche

              • CartafolEsquema pregunta de Nietzsche

              • CartafolModelo de comentario Nietzsche

              • CartafolGlosario

              • CartafolExemplo de comentario de actualidade - Nietzsche.

            • Tema 13. Hannah Arendt: a condición humana e a crí...

            • Tema 14. O desenvolvemento contemporáneo do femini...

            • Tema 15. A filosofía española do século XX: Ortega...

      • Educación Secundaria Obligatoria

      • Educación Secundaria (Adultos)

      • Ciclos Formativos FP

      • Bacharelato

      • IES As Mariñas

      • Familias

      • TEMPORAL

Supplementary blocks

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
HFIBA2
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a aplicación móbil