Esquema pregunta Marx
Alienación e ideoloxía en Marx
1. O materialismo de Marx como resposta ao idealismo
1.1. A papel do traballo no materialismo de Marx
1.2. Definición de materialismo histórico, explicación da loita de clases como motor da historia (explicar a división en clases na sociedade capitalista)
2. A relación entre infraestrutura económica e superestrutura: definir, explicar os elementos que conforman cada nivel e a súa interrelación (moi importante explicar correctamente o que son as forzas produtivas e as relacións de produción, deixando claro quen posúe os medios de produción e quen ten só a forza de traballo. A partir de aquí explicar o que é o traballo asalariado e os motivos polos que é, para Marx, un modo de explotación. Despois pasar a explicar a plusvalía)
3. A plusvalía: definición, motivos polos que é a clave da explotación capitalista. Tipos de plusvalía e como aumentala.
4. Alienación: que é? Alienación económica e explicación (do froito do traballo, da actividade do traballo, deshumanización) Como esta condiciona a alienación ideolóxica (explicar o que é), política, social.
5. As leis do capitalismo e como dito modo de produción está condenado, segundo Marx, ao fracaso: crises e acumulación de capital.
6. A revolución: fases e obxectivo. Características da sociedade comunista. Por que é o fin da historia?