Ir ao contido principal
AV
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º(A)

  1. Taboleiro
  2. Cursos
  3. Bacharelato (Adultos)
  4. Segundo Curso
  5. HFIBA2
  6. Tema 12. Nietzsche e a crítica á cultura occidental.
  7. Modelo de comentario Nietzsche

Modelo de comentario Nietzsche

Requisitos do completado

Friedrich Nietzsche, filosofo alemán nacido en 1844 na cidade de Röcken, é considerado como o principal crítico da tradición filosófica previa e como o principal pensador vitalista da contemporaneidade. Fillo dun pastor luterano acabaría afastándose da relixión ata abrazar un ateísmo radical. Estudaría filoloxía clásica, disciplina da que acabaría sendo profesor universitario, puidendose atopar referencias á traxedia grega ou a mitoloxía no seu pensamento. Na súa filosofía obsérvase a pegada de autores como Arthur Schopenhauer, en concreto a de conceptos como a vontade de vivir (que Nietzsche formularía como vontade de poder)

Nietzsche desenvolve a súa obra nun contexto de crítica ao idealismo encabezada por correntes como o marxismo ou o positivismo, esta última centrada no coñecemento científico como o único verdadeiro. Nietzsche aportará unha crítica novidosa atacando co seu método xenealóxico ás bases mesmas da cultura de Occidente.

Entre as súas obras podemos destacar textos como "O nacemento da traxedia", "A gaia ciencia", "Así falou Zaratustra" ou "Máis aló do ben e do mal", empregará, con frecuencia, os aforismos, sendo o seu estilo como escritor un exemplo da crítica a todo o anterior, tamén no plano estilístico.

No texto a comentar desenvólvese un dos conceptos centrais na filosofía nietzscheana, o nihilismo, en concreto a súa última etapa, a cal abre as portas a unha alternativa fronte a tradición previa. 

Para comezar a nosa análise do fragmento debemos facer referencia a dous dos termos que Nietzsche presenta ao comezo da súa traxectoria intelectual, tomándoos do mundo clásico: o apolíneo e o dionisíaco. O primeiro, inspirado no deus do Sol, Apolo, fai referencia á parte racional do ser humano. O segundo deriva do deus do viño, Dionisio, e representa a nosa parte máis instintiva e conflitiva. Nietzsche reivindica a pensadores como Heráclito, que aceptan o devir característico da realidade e da propia vida, acepta ambas compoñentes da natureza humana. Pola contra, será tremendamente crítico con filósofos como Sócrates, culpable dun terrible "erro" que está na base mesma da cultura occidental.

Sócrates renuncia ao dionisíaco, renuncia ao devir  ao centrarse na procura de conceptos universais opostos ao cambio e ao conflito que definen a realidade e a vida. O seu discípulo, Platón, convertirá a estes conceptos nas ideas, nunha realidade trascendente que nos escinde e separa da vida mesma, a cal perde o seu valor. Esta é a primeira etapa do nihilismo seguida dunha segunda na que o ideal se converte no divino, o que provoca que a vida se volva un mero medio para un fin superior: alcanzar a vida eterna. Prodúcese unha desvalorización da vida que para Nietzsche é inaceptable, non se acepta o devir, o conflito:"no queda más escapatoria que condenar todo este mundo del devenir". Fúxese da realidade para abrazar un mundo trascendente,  o mundo dos conceptos universais, ideas ou deuses: "inventar un mundo que se encuentre más allá de este mismo como mundo verdadero".

Coa chegada da Modernidade, da Ilustración e do auxe da ciencia atácase a ese mundo trascendente no que se apoiaron os pensadores da tradición, recoñécese como unha ficción, "surge entonces la última forma del nihilismo, que en sí encierra la increencia en un mundo metafísico" , e isto abre a porta a unha alternativa. É a terceira etapa do nihilismo á que se refire no texto, a "morte de Deus", de todo referente último, o que abre a porta a unha alternativa: que o baleiro que deixa "Deus" sexa ocupado por algo alleo a nós mesmos (a ciencia, a razón, as ideoloxías, etc) ou que nos poñamos a nós mesmos no lugar de Deus, é dicir, que a vida recupere o lugar central de toda reflexión.

O que opta pola primeira opción é o home feble, aquel que segue a moral dos escravos imposta pola tradición filosófica e relixiosa e que non é quen de reivindicarse como alguén que busca progresar e medrar. O segundo é o superhome (Übermensch) que se pon a si mesmo, á súa vida, no centro. Ocupa o lugar de Deus e convértese el mesmo no referente, no criterio. Por todo isto podemos considerar a Nietzsche como un pensador vitalista, xa que para el a vida recupera o lugar central. Non hai verdades absolutas, universais, só a perspectiva de cada individuo  (perspectivismo) que busca aumentar a súa vontade de poder, é dicir, potenciarse como individuo. Isto pode levalo ao conflito con outros, ao sufrimento, pero iso é tamén parte da vida.

O superhome aceptará, pois, vivir a súa vida unha e outra vez, ciclicamente, por toda a eternidade (eterno retorno), xa que puxo a esta no centro e a acepta sen excusas.

Nietzsche exereceu unha gran influencia en pensadores posteriores como Martin Heidegger, un dos primeiros existencialistas do século XX, pero tamén podemos atopar paralelismos entre o seu pensamento e o de figuras como o do español José Ortega e Gasset, que desenvolvería con detalle unha filosofía vitalista e perspectivista.

◄ Esquema pregunta de Nietzsche
Glosario ►

Bloques

Omitir Navegación

Navegación

  • Taboleiro

    • Inicio do sitio

    • Páxinas do sitio

      • Os meus cursos

      • Etiquetas

      • ForoNoticias do sitio

    • Os meus cursos

    • Cursos

      • Bacharelato (Adultos)

        • Primeiro Curso

        • Segundo Curso

          • LLG 2º BACH (A) 25-26

          • EDMN 2º BACH (A) 25-26

          • Mat. CC.SS II | 2º Bach AD | 25-26

          • PSI 2º BACH (A) 25-26

          • HFIL 2º BACH (A) 25-26

          • LAT II 2º BACH (A) 25-26

          • FIS 2ºBACH (A) 25-26

          • QUI 2ºBACH (A) 25-26

          • MAT II | 2º BACH AD | 25-26

          • LG 2º BACH AD 24-25

          • HISTO_FILOSOFÍA

          • HFIBA2

            • Xeral

            • Información xeral sobre a materia.

            • Tema 1. Os berces da filosofía. O pensamento preso...

            • Tema 2. A filosofía de Aristóteles.

            • Tema 3. A ciencia e filosofía do Helenismo.

            • Tema 4. A filosofía medieval: Agostiño de Hipona e...

            • Tema 5. O nominalismo de Guillerme de Ockham e a c...

            • Tema 6. Os berces da Modernidade: método, revoluci...

            • Tema 7. O racionalismo de Descartes.

            • Tema 8. O empirismo de Locke e Hume.

            • Tema 9. O pensamento da Ilustración.

            • Tema 10. O idealismo transcendental de Immanuel Kant.

            • Tema 11. Alienación e ideoloxía na filosofía de Ka...

            • Tema 12. Nietzsche e a crítica á cultura occidental.

              • CartafolTema 12. Nietzsche.

              • URLResumo Nietzsche

              • CartafolEsquemas textos Nietzsche

              • CartafolEsquema pregunta de Nietzsche

              • CartafolModelo de comentario Nietzsche

              • CartafolGlosario

              • CartafolExemplo de comentario de actualidade - Nietzsche.

            • Tema 13. Hannah Arendt: a condición humana e a crí...

            • Tema 14. O desenvolvemento contemporáneo do femini...

            • Tema 15. A filosofía española do século XX: Ortega...

      • Educación Secundaria Obligatoria

      • Educación Secundaria (Adultos)

      • Ciclos Formativos FP

      • Bacharelato

      • IES As Mariñas

      • Familias

      • TEMPORAL

Supplementary blocks

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
HFIBA2
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a aplicación móbil