Esquemas textos Marx
Requisitos do completado
Texto 1
Introdución
Contexto:
- Biografía e obras máis relevantes. Colaboración con Engels.
- Explicación do que foi a Revolución Industrial (breve, dúas liñas)
- Críticas: Idealismo, liberalismo, socialismo utópico
- Influencias: a dialéctica hegeliana.
- Obxectivo da súa filosofía: a praxe revolucionaria. A filosofía debe transformar a realidade.
- Tese: a alienación (enajenación) do traballo.
Desenvolvemento:
- O materialismo de Marx como alternativa ao idealismo. Explicación do materialismo histórico e da loita de clases como motor da historia. A división da sociedade en clases: proletariado e burguesía.
- A relación entre infraestrutura económica e superestrutura: definir, explicar os elementos que conforman cada nivel e a súa interrelación (moi importante explicar correctamente o que son as forzas produtivas e as relacións de produción, deixando claro quen posúe os medios de produción e quen ten só a forza de traballo. A partir de aquí explicar o que é o traballo asalariado e os motivos polos que é, para Marx, un modo de explotación. Despois pasar a explicar a plusvalía)
- A plusvalía: definición, motivos polos que é a clave da explotación capitalista. Tipos de plusvalía e como aumentala (Breve)
- Alienación: que é? Alienación económica e explicación (do froito do traballo, da actividade do traballo, deshumanización) Como esta condiciona a alienación ideolóxica (explicar o que é), política, social. CLAVE DO TEXTO. EXPLICAR CON DETALLE OS TIPOS DE ALIENACIÓN, COMEZANDO POLA ECONÓMICA. BUSCAR EXEMPLOS NO TEXTO. Exemplos: Alienación do froito do traballo:"para el trabajador se muestra la exterioridad del trabajo en que éste no es suyo, sino de otro, que no le pertenece" , "éste no es suyo, sino de otro, que no le pertenece". Da actividade do traballo: "sólo se siente en sí fuera del trabajo [...] Su trabajo no es, así, voluntario, sino forzado, trabajo forzado" Deshumanización: deixar moi claro como o traballo, algo que define ao ser humano para o materialismo de Marx, xa que é o que nos permite transformar a realidade para satisfacer as nosas necesidades, convírtese en algo alleo "externo" , "no es la satisfacción de una necesidad, sino solamente un medio para satisfacer las necesidades fuera del trabajo"
- As leis do capitalismo e como dito modo de produción está condenado, segundo Marx, ao fracaso: crises e acumulación de capital (Breve)
- A revolución: fases e obxectivo. Características da sociedade comunista. Por que é o fin da historia? (Breve)
Conclusión
- Breve recapitulación do pensamento de Marx como crítica ao modo de produción e á sociedade capitalistas. Importancia do seu materialismo fronte ao idealismo previo (Kant, Hegel) Crítica a propiedade privada dos medios de produción e ao Estado burgués que perpetúa as desigualdades do capitalismo (posible crítica a Locke) Importancia para movementos sociais e políticos: movemento obreiro, Revolución de Outubro.
- Breve valoración persoal centrándonos no concepto de alienación (dúas - tres liñas)
Texto 2
Introdución
Contexto:
- Biografía e obras máis relevantes. Colaboración con Engels.
- Explicación do que foi a Revolución Industrial (breve, dúas liñas)
- Críticas: Idealismo, liberalismo, socialismo utópico
- Influencias: a dialéctica hegeliana.
- Obxectivo da súa filosofía: a praxe revolucionaria. A filosofía debe transformar a realidade.
- Tese: o materialismo histórico como alternativa ao idealismo
Desenvolvemento:
- O materialismo de Marx como alternativa ao idealismo. Explicación do materialismo histórico e da loita de clases como motor da historia. A división da sociedade en clases: proletariado e burguesía. CLAVE DO TEXTO. EXPLICAR CON DETALLE OS TIPOS DE ALIENACIÓN, COMEZANDO POLA ECONÓMICA. BUSCAR EXEMPLOS NO TEXTO. Exemplos: "en contraposición a la filosofía alemana, que baja del cielo a la tierra, aquí se sube al cielo a partir de la tierra misma" Aquí Marx, cando fala da "filosofía alemana" refírese claramente ao idealismo. Este considera a existencia de conceptos á marxe do material, como podían ser os a priori kantianos. Hai que explicar o materialismo marxista como alternativa a esta interpretación, que afirma que todo é material ou dependente do material "se sube al cielo a partir de la tierra misma". A importancia do traballo para explicar ao ser humano: "se toma pie en el hombre realmente activo y a partir de su proceso vital"
- A relación entre infraestrutura económica e superestrutura: definir, explicar os elementos que conforman cada nivel e a súa interrelación. Exemplo: "las formaciones nebulosas en el cerebro de los hombres son sublimaciones necesarias del proceso material de su vida" O material condiciona todo o demais: pensamentos, crenzas, etc. Cando falen da superestrutura e do que a conforma busquen exemplos no texto: "la moral, la religión, la metafísica y demás ideologías [...] pierden bien pronto su apariencia de autonomía". Aquí Marx explica como isto depende da base material da sociedade e volve a criticar ao idealismo. Frase que resume todo isto? "No es la consciencia lo que determina la vida, sino la vida lo que determina la consciencia"
- A plusvalía: definición, motivos polos que é a clave da explotación capitalista. Tipos de plusvalía e como aumentala (Breve)
- Alienación: que é? Alienación económica e explicación (do froito do traballo, da actividade do traballo, deshumanización) Como esta condiciona a alienación ideolóxica (explicar o que é), política, social.
- As leis do capitalismo e como dito modo de produción está condenado, segundo Marx, ao fracaso: crises e acumulación de capital (Breve)
- A revolución: fases e obxectivo. Características da sociedade comunista. Por que é o fin da historia? (Breve)
Conclusión
- Breve recapitulación do pensamento de Marx como crítica ao modo de produción e á sociedade capitalistas. Importancia do seu materialismo fronte ao idealismo previo (Kant, Hegel) Crítica a propiedade privada dos medios de produción e ao Estado burgués que perpetúa as desigualdades do capitalismo (posible crítica a Locke) Importancia para movementos sociais e políticos: movemento obreiro, Revolución de Outubro.
- Breve valoración persoal centrándonos no materialismo como corrente filosófica e en como os nosos pensamentos, institucións ou normas dependen do modelo produtivo sobre o que se asenta a nosa sociedeade (dúas - tres liñas)