......................................
Oferta Ordinaria Presencial
Bacharelato
- Modalidade de Humanidades e CCSS
- Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía
- Modalidade de Bacharelato Xeral
- OFERTA DE MATERIAS
- 1º DE BACHARELATO
- 2º DE BACHARELATO
Ciclos Formativos
Administración e Xestión
- 1º e 2º cursos de Servizos Administrativos
- 1º e 2º cursos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa
- 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas
- 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección
- Dobre titulación: En 3 cursos pódese sacar a dobre titulación de CS Administración e Finanzas e CS Asistencia á Dirección porque os módulos de 1º son comúns nas 2 titulacións
Edificación e Obra Civil
- 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Proxectos de Obra Civil
- 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación
- Dobre titulación: En 3 cursos pódese sacar a dobre titulación de CS Obra Civil e CS Proxectos de Edificación porque moitos dos módulos de 1º son comúns nas 2 titulacións
Industrias Extractivas
- 2º curso FP Dual intensiva Ciclo Medio de Escavacións e Sondaxes
Oferta Modular - Modalidade Semipresencial-Distancia
Ciclos Formativos
*Para saber que módulos é mellor facer antes, consulta os itinerarios aconsellados facendo clic no nome do ciclo. Se queres saber máis información de como se organizan estes ciclos de distancia podes consultar a sección de FP Distancia coa información deste curso pasado. Nesta oferta a formación principal é a distancia e soamente é obrigatorio asistir ás probas de avaliación de cada módulo.
Administración
- Oferta completa: Todos os módulos de 1º e 2º curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa(*)
- Oferta completa: Todos os módulos de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas(*)
- Oferta parcial: Todos os de 2º curso e algúns de 1º curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección(*)(*2)
Edificación e Obra Civil
- Oferta completa:odos os módulos de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación(*)
(*)As ligazóns aos currículos ou aos itinerarios da web da Xunta poden estar aínda cos módulos do plan vello. Supoñemos que o irán actualizando pouco a pouco. Todos os módulos do plan novo se poden ver nos PDF que están ligados ao comezo desta páxina: https://www.edu.xunta.gal/fp/familias-profesionais.
(*2)Teña en conta que o CS de Asistencia á Dirección da oferta modular na modalidade semipresencial/distancia é parcial, é dicir, non se ofertan a maioría dos módulos de 1º (pasa igual no resto de centros de Galicia que soamente ofertan os módulos de 2º na modalidade de semipresencial/distancia). Eses módulos de 1º que lle poidan faltar, se nun futuro quere cursalos tamén na modalidade semipresencial/distancia tería que matricularse neses módulos pero no CS de Administración e Finanzas (porque os módulos de 1º cursos son os mesmos nestes dous ciclos). Polo tanto, para poder titular por este CS de Asistencia á dirección, terá que ter superados os módulos de 1º do CS de Asistencia á Dirección ou os módulos de 1º do CS Administración e Finanzas que son os mesmos (en calquera destes casos cando faga a matrícula nos módulos de 2º terá que pedir en secretaría as validacións correspondentes e o traslado do expediente deses módulos de 1º porque non é automático e pode ser que teña que validar ou facer módulos adicionais que pensa que xa ten superados).