- O servizo da Biblioteca para 54 alumnos/as con ordenadores e acceso a internet.
- Unha sala de Informática de libre disposición para o alumnado, anexa á biblioteca, vixiada polo profesorado.
- O servizo de Cafetaría, que permanece aberto dende as 8,30 ata as 18,00 horas. Ofrécense comidas a prezos asequibles ao alumnado que ten clases pola mañá e pola tarde.
- O Pavillón de Deportes, que durante a media hora do recreo permanece aberto baixo a supervisión do profesorado de garda.
- Dúas salas de Lectura/Estar con conexión Internet, para o alumnado.
O centro conta ademais coas seguintes instalacións:
- AULAS: 12 para 35 alumnos/as (con ordenador e proxector).
- AULAS DE INFORMÁTICA: 1 aula para 12 alumnos/as, 3 para 24 alumnos/as, 7 para 30 alumnos/as, 1 para 35 alumnos/as.
- AULA DE IDIOMAS informatizada para 30 alumnos/as.
- AULA DE DEBUXO para 20 alumnos/as.
- 3 LABORATORIOS (de Física, Química e Ciencias) con capacidade para 20 alumnos/as.
- AULA DE MATERIAIS de Edificación e Obra Civil con taquímetros e estación total.
- SALA DE CONFERENCIAS para 140 persoas, con proxector LCD e acceso a internet.