ORGANIZACIÓN
Requisitos do completado
A organización do programa Erasmus no IES As Fontiñas desenvólvese en base ao traballo en equipo:
Tamén se publicita información nos tabuleiros do instituto (en particular, nos das aulas de grupos obxectivo).
Cada curso realizanse presentacións do programa (de ser posible coa asistencia de participantes en convocatorias anteriores) despois das cales se recollen solicitudes para participar no programa.
No caso de ser posible, publicitase o Programa nos medios.
- Un equipo de profesoras encárgase de solicitar a Carta Erasmus e as becas cada ano. Dentro deste grupo encóntrase a coordinadora actual do programa. A coordinadora encárgase:
- da comunicación coa Axencia Nacional e as institucións e empresas internacionais,
- de asistir ás reunións que a Axencia convoca a nivel nacional,
- de enviar e recibir a documentación que se intercambia coas entidades socias e a Axencia Nacional.
- O equipo Erasmus organiza e coordina as actividades que implica o programa.
- A colaboración da dirección do centro e do profesorado do instituto é moi importante, xa que axudan a difundir o proxecto, comparten información sobre candidatos...
- As titoras e titores colaboran no seguimento do alumnado en prácticas durante a súa estadía no estranxeiro. Ademáis, difunden o Programa.
- O departamento de Formación en Centros de Traballo colabora activamente no caso de estudantes entrantes ou saíntes de mobilidade, procurando empresas para os entrantes e colaborando na selección de empresas de estudantes saíntes (é dicir, o alumnado do IES As Fontiñas que viaxa ao estranxeiro).
Tamén se publicita información nos tabuleiros do instituto (en particular, nos das aulas de grupos obxectivo).
Cada curso realizanse presentacións do programa (de ser posible coa asistencia de participantes en convocatorias anteriores) despois das cales se recollen solicitudes para participar no programa.
No caso de ser posible, publicitase o Programa nos medios.
Última modificación: venres, 12 de marzo de 2021, 10:33 AM