HISTORIA
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2021-2022
- Neste curso seguimos a traballar coas becas dos dous proxectos 19 e 20. Outra vez pola situación de incertidumbre causada pola pandemia os alumnos se deron de baixa agás un: Ismael Romero Castro (Administración e finanzas) que está está en Malta facendo as súas prácticas.
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2020-2021
- Solicitude feita no curso 2019-20
- Dúas becas Erasmus+.
- Neste curso estivemos traballando con dous proxectos ao mesmos tempo. Seguimos coa situación de pandemia e a incertidumbre para viaxar e todos os alumnos de deron de baixa agás dous que fixeron as práctica na terceira quenda en Portugal: David Rey Rodríguez (Obra civil) e Alexander Graña Nimo (Obra civil). Ningún profesor se animou a viaxar. Seguindo as recomendacións da Axencia nacional Sepiee tamén pedimos que o segundo proxecto se alongara para poder utilizar todas as becas. Decimos non pedir un novo proxecto.
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2019-2020
- Solicitude feita no curso 2018-19
- 5 becas Erasmus+ para o alumnado e unha para o profesorado.
- Foi o curso da COVID e o alumnado non poido viaxar. Todo o alumnado se deu de baixa agás un. Só Borja López Mera (Proxectos de edificación) que iba facer as súas prácticas en Irlanda pero a empresa pechou por mor da pandemia e o alumno tivo que volver. A Axencia Nacional Sepiee nos ofreceu a posibilidade de alongar o programa para poder utilizar as becas. O profesor tampouco poido viaxar.
- Non houbo reunión informativa presencial. Fixemos unha video conferencia co alumnado.
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2018-2019
- Solicitude feita no curso 2017-18
- 6 becas Erasmus+
- Unha alumna foi na 2 quenda: Nerea Asorey Diz (Administración e finanzas) fixo as prácticas en Malta. Catro alumnos fixeron as prácticas na terceira quenda: Izaskun Quinteiro Garrido (Asistenica á dirección) e Antía López López (Administración e finanzas) fixeron as prácticas en Malta. Marcos García Devesa (Administración e finanzas) e Guillermo Iglesias Posse (Administración e finanzas) fixeron as prácticas en Irlanda na mesma empresa coa que levamos colaborando dende que empezamos co proxecto Erasmus. Todos os anos enviamos algún alumno.
- Varios de eles asistiron a reunión informativa Erasmus que se celebra sempre en decembro para compartir as súas experiencias e para axudar aos compañeiros con cuestións prácticas como o aloxamento ou a viaxe.
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2017-2018
- Solicitude feita no curso 2016-17
- 4 becas Erasmus+: 3 para o alumnado e unha para o profesorado.
- Concedéronse 4 becas.
- Tres alumnos fixeron as prácticas na terceira quenda. Dous fixeron as prácticas en Malta: Basilio Fidalgo Lopez (Asistencia a dirección) e Sara Forján Salgado ((Administración e finanzas). Unha alumna fixo as prácticas en Irlanda: Susana de la Iglesia Cid (Administración e finanzas). A profesora M. Alejandra Vázquez lópez fixo unha estadía de Job Shadowing en Dinamarca.
- Varios de eles asistiron a reunión informativa Erasmus que se celebra sempre en decembro para compartir as súas experiencias e para axudar aos compañeiros con cuestións prácticas como o aloxamento ou a viaxe.
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2016-2017
- Solicitude feita no curso 2015-16
- 3 becas Erasmus+
- Concedéronse 4 becas. Pasamos os cartos de Apoyo organizativo a unha beca máis.
- As estadías realizáronse en tres tempos: Dous alumnos foron na quenda de setembro: Ivo Riveiro Villar (Proxectos de edificación) que fixo as prácticas en Holanda e Gustav Adolfo Castro García (Administración e finanzas que fixo as prácticas en Irlanda. Na segunda quenda foi a alumna Ariadna Oubiña Barbeito (Secretariado) que fixo as prácticas en Malta. Na terceira quenda foi Natalia Figueira Dieguez ((Administración e finanzas que fixo as prácticas en Irlanda.
- A dous alumnos lles ofreceron traballo para quedar nas empresas. Varios de eles asistiron a reunión informativa Erasmus que se celebra sempre en decembro para compartir as súas experiencias e para axudar aos compañeiros con cuestións prácticas como o aloxamento ou a viaxe.
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2015-2016
- Solicitude feita no curso 2014-15
- 7 becas Erasmus+
- Concedéronse as 7 becas.
- As estadías realizáronse en tres tempos: 2 alumnos foron no primeiro trimestre, 1 no segundo e 4 no último. Alejandra Galbán (Construción), Lucas Vázquez (Administración e finanzas), Xesús Xabier Antelo (Construción), Joaquín Babío e Boyán Slavov (Construción) fixeron as prácticas en Malta. Sara Pregue (Administración e finanzas) fixo as prácticas en Bélxica. Jennifer Quinteiro (Secretariado) fixo as prácticas en Irlanda
- Moitos destes alumnos asistiron a reunión que se celebrou no instituto o 21 de decembro de 2016 para informar ao alumnado do centro sobre a nova convocatoria de becas Erasmus+ 2017-18. Eles aportaron a sús experiencia, o seu entusiasmo polo programa e a información que teñen para animar aos novos alumnos, para aclarar dúbidas e para axudarlles con cuestiones prácticas como o aloxamento ou a viaxe..
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2014-15:
- Solicitude feita no curso 2013-14 para becas Erasmus+.
- 4 becas Erasmus+
- Solicitanse 11 becas Erasmus.es, conceden 11 (2 persoas renuncian, delas 1 pasa a Erasmus+)
- As estadías realizanse en tres tempos: 6 estudantes entre setembro e decembro 2014 (Cristian, David, Macarena, Patricia 1, Patricia 2, Ricardo - os 5 primeiros en Malta e Ricardo en Bélxica); 1 estudante de xaneiro a abril 2015 (Gloria en Reino Unido); 3 estudantes de marzo a xuño (Alba, Boyan, Denís - con beca, pero pendentes de confirmar).
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2013-14:
- Solucitude feita no curso 2012-13.
- 6 becas (+ posibilidade de beca non remunerada).
- A estadía realizase en dous tempos: 1 estudante entre setembro e decembro 2013 (Carmen, en Malta); o resto entre abril e xuño 2014 (Alberto, Ángel e Maxi en Malta) .
Erasmus no IES As Fontiñas no curso 2012-13:
- Solicitude feita no curso 2011-12.
- 7 participantes (6 con beca remunerada):
- 1 estudante de Ciclo Superior de Administración e Finanzas: Herica.
- 3 estudantes de Ciclo Superior de Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficas: Álvaro, Elena e Manuel.
- 1 estudante de Ciclo Superior de Edificación: Adriana.
- 2 estudantes de Ciclo Superior de Secretariado: Manuela e Katia.
- Realizan prácticas en Bonn (Alemania), Brasov (Rumanía), Naxxar (Malta) e New Romney (Reino Unido).
- A estadía realizase entre abril e xuño 2013: unha semana de adaptación + o periodo normal de FCT (Formación en Centros de Traballo).
- O alumnado en prácticas reunese co/ca titor/a cada 15 días por Skype.
- RESULTADO FINAL: 7 participantes (cos 7 con beca remunerada, xa que despois da re-distribución de fondos, o 7º participante tamén tivo beca). 5 dos 7 participantes quedaron a traballar no país onde fixeron as prácticas Erasmus (1 deles nun posto de traballo acorde coa súa titulación, 3 na mesma empresa onde fixeron as prácticas, 1 nun posto de traballo non directamente relacionado coa titulación).
Erasmus comeza no IES As Fontiñas no curso 2011-12:
- Solicitude feita no curso 2010-11.
- 3 participantes, estudantes de Ciclo Superior de Secretariado: Tamara, Nuria e María.
- Realizan prácticas en Mons (Bélxica).
- A estadía fíxose entre setembro e novembro 2011: unha semana de adaptación + o periodo normal de FCT (Formación en Centros de Traballo).
- As alumnas reuníanse coa titora cada 15 días por Skype, para que as reunións semellaran o máis posíbel as que normalmente se celebran co alumnado de FCT.
Antes de Erasmus:
O IES As Fontiñas enviou estudantes a realizar prácticas no estranxeiro en varias ocasións, (dende 1999) dentro do programa Leonardo da Vinci ou con financiación da Xunta de Galicia. Temos enviado estudantes a Gran Bretaña, Francia, Bélxica e Italia. Tamén temos buscado empresas en Compostela a estudantes de Bélxica, Italia, Eslovenia, Noruega...