A mobilidade de estudantes en prácticas será totalmente recoñecida con:

  • A estadía nunha empresa estranxeira dentro do programa Erasmus será equivalente ao Módulo de FCT de cada Ciclo Superior de Formación Profesional (de 340 a 384 horas, segundo se trate dun ciclo ou doutro), sempre que obteña unha avaliación positiva. Os estudantes participantes deberán cubrir as fichas de seguimento semanais (o mesmo que o alumnado que realiza o periodo de prácticas no territorio nacional), que formarán parte da Carpeta de prácticas; estas fichas de seguimento serán asinadas tanto por titores da empresa de acollida como por titores do IES As Fontiñas. O Módulo de FCT dos novos ciclos (LOE) contan cunha asignación de 22 créditos - ECTS.
  • Emitiranse documentos Europass para todos os estudantes participantes en mobilidade internacional.
  • Un suplemento á titulación certificará o recoñecemento oficial e que o Módulo FCT foi realizado baixo o Programa Erasmus.

No caso de mobilidades de persoal, emitirase un certificado tanto por parte da entidade de acollida como pola de envío. As autoridades educativas pertinentes recibirán información sobre o persoal participante de modo que poidan emitir certificados oficiais (con recoñecemento de horas ou créditos).


Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 10:29 AM