Anuncios

Importante. Publicada a Resolución provisional de axudas para estadías no estranxeiro

Importante. Publicada a Resolución provisional de axudas para estadías no estranxeiro

por Rexina Ortigueira Lestón -
Número de respostas: 0

Bo día.

O 5 de maio de 2026 foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 15.3 da Orde do 7 de xaneiro de 2026 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2026, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 03/02/26) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e na web do centro. O prazo para presentar para formular reclamacións e para a presentación da documentación das solicitudes que figuran na listaxe de solicitudes con requirimentos relacionados coa comprobación de datos remata o 20 de maio.

Un saúdo.