Anuncios

Aviso de publicación na web do calendario de fin de curso.

Aviso de publicación na web do calendario de fin de curso.

por Rexina Ortigueira Lestón -
Número de respostas: 0

Bo día.

Na web do centro xa podedes consultar o calendario de fin de curso, que se irá actualizando coas datas das diferentes probas finais (ordinarias e extraordinarias), a medida que se dispoña dos datos. É conveniente revisalo periodicamente, por se hai cambios. 

No caso de 2º de Bacharelato tamén podedes ver as datas e instrucións para a prematrícula nas PAU e para a solicitude do título de bacharelato. Esta parte explicarásevos despois de que rematedes as avaliacións. 

As dúbidas que vos poidan xurdir, por favor, trasladádeas o antes posible ao profesorado da materia ou ás titoras. 

Un saúdo.