Anuncios

Encontros virtuais na zona USC

Encontros virtuais na zona USC

de Rexina Ortigueira Lestón -
Número de respuestas: 1

Boa tarde. 

Informamos de que os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 13 e 14 de abril. O seu obxectivo é dar resposta para que o futuro estudante poida coñecer mellor as titulacións e servizos que oferta a USC. Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e de 4º de ESO.

Moitas das videoconferencias terán lugar en horario de mañá e algunhas tamén de tarde para facilitar a conexión do estudantado (pola tarde nas súas casas coas familias e pola mañá coa vosa axuda no centro educativo).

A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (os contidos están actualizándose).

Na mesma, para cada estudo de Grao, haberá unha ligazón a unha videoconferencia, coa data e hora na que terá lugar, que estará atendida por profesorado do centro. O estudantado poderá facer as súas consultas intervindo na mesma ou, se o prefire, utilizando o chat. Non tendo que intervir necesariamente se non o desexa.

Ademais das videoconferencias dos Graos poderán conectarse coa Oficina de Información Universitaria, o Servizo de Residencias, Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia,...

Un saúdo. 

En respuesta a Rexina Ortigueira Lestón

Re: Encontros virtuais na zona USC

de Rexina Ortigueira Lestón -
Boa tarde.
Na seguinte ligazón podes acceder ao cronograma dos videoencontros na zona USC (Universidade de Santiago de Compostela): https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/more_info_service/2026-04/cronograma-encontros-virtuais-na-zona-usc_.pdf
onde poderás coñecer detalles sobre a carreira que queres cursar.

A páxina para acceder a eses encontros (xa ten o contido actualizado) é a seguinte: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

Un saúdo.