Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. EF | 4º ESO
  3. UD 3: O soporte vital básico: Salvamos vidas
  4. Tarefa 2: Elaboración da Curtometraxe sobre o SVB

Tarefa 2: Elaboración da Curtometraxe sobre o SVB

Requisitos do completado
Abertas: domingo, 15 de marzo de 2026, 8:00 AM
Pendente: domingo, 22 de marzo de 2026, 8:00 PM

CRITERIOS DE ELABORACIÓN DA TAREFA:

 VALORACIÓN : a calificación na avaliación é de 2,5 ptos

DURACIÓN: A curtametraxe debe ter unha duración entre 3 e 6 minutos (poidendo chegar ata os 8 minutos como máximo)

AGRUPAMENTOS: Os grupos constarán de 4 a 6 persoas integrantes por grupo.

CONTIDOS A DESENVOLVER E CRITERIOS DE ELABORACIÓN:

1) Debedes elexir entre a parada cardíaca(PC) ou un atragoamento (OVACE):

  1. Na PARADA CARDÍACA:

Teredes que afrontar as situacións seguintes (ben de xeito continuo ou en historias diferentes):

    1. PLAN A: consciente e respira, pero atópase mal.

    2. PLAN B: inconsciente pero respira.

    3. PLAN C: inconsciente e non respira. Atópase en Parada cardíaca

  1. No ATRAGOAMENTO (OVACE):

Teredes que afrontar as situacións seguintes:

    1. OVACE INCOMPLETA: pode mínimamanete falar, tusir e respirar

    2. OVACE COMPLETA: Non pode falar, tusir nin respirar

    3. E que logo evoluciona a PARADA CARDÍACA

2) Debedes de mostrar as formas de actuación axeitadase e desenvoltas coa técnica correcta de acordo ao protocolo do SVB en cada unha destas situacións elexida.

3) A maoires podedes utilizar na vosa curtametraxe a utilización do DESA/DEA (obteredes un Bonus na calificación)

4) Podedes facer esta tarefa dos seguintes xeitos:

  1. Formando un grupo de traballo cos compañeiros de clase.
  2. Utilizando á vosa familia para ensinar tamén estes protocolos do SVB na casa.
  3. Mixturando ambolos dous anteriores, gravando algunhas parte na casa e outras cos compañeiros de traballo.

5) Tedes a licenza creativa de narrar a vosa historia dentro da categoría que máis vos conveña: Cómica, dramática, familiar, musical,...

  • CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Requisitos mínimos na elaboración da tarefa: 

- Unha duración da curtametraxe entre os: 3-6min

- É moi importante a veracidade e adecuación dos protocolos do SVB nas distintas situacións de emerxencia simuladas tanto na PC como na OVACE

Debe de existir polo menos:

  • Un Guión detallado do que entragachedes na tarefa 1 e un Storyboard sinxelo.

imaxe dun storyboard

  • Un Reparto/casting dos persoaxes e unha distribución do equipo técnico de imaxe e son.

  • Unha Planificación mínima da Rodaxe.

  • Unha Edición e postprodución básica: título, créditos, efectos de son e imaxe, transicións, fundidos, subtítulos e carteis que consideredes.

  • A HISTORIA: Debe de ter unhas partes

- Introdución
- Desenvolvemento
- Clímax 
- Desenlace
 
 
 
 
 

*A participación no I concurso de  curtametraxes sobre o SVB  terá tamén unha bonificación na calificación da materia na UD de SVB na avaliación.

Qué tedes que achegar na entrega desta tarefa?: 

1. Un documento en formato PDF: O titulo do arquivo ten que ser título do curto e curso e grupo.

No índice deste documento:

Portada: cos nomes e apelidos dos participantes, curso e grupo e Título, carátula, miniatura ou cartel do curto.

A continuación o contido da pequena FICHA TÉCNICA da curtametraxe: 

Título, carátula, miniatura ou cartel do curto, Ano de realización e idioma, Reparto, Sinopse, Guión detallado e storyboard e unha Planificación mínima da rodaxe. 

Tedes unha guía de axuda  para a elaboración da curtametraxe anexo nesta tarefa:

Neste arquivo podedes manifestar claramente a vosa intención de se queredes participar ou non  no concurso de curtametraxes dentro das Xornadas da semana do SVB.


2. Un arquivo de Vídeo: co resultado da vosa curtametraxe xa editado.

IMPORTANTE:

Estas dúas entregas deben levar os nomes dos integrantes do grupo e o curso e o grupo, por exemplo:

no caso do arquivo:"Pedro_Villegas_Arturo_Palanquín_1BacB.pdf"  no caso do vídeo "Pedro_Villegas_Arturo_Palanquín_1BacB.mp4"

VÍDEOS:

CANAL: Como FACER unha CURTAMETRAXE| Aprenderdecine

Escena e SECUENCIA, PLANO e TOMA: Conceptos de CINEMATOGRAFÍA

 

Como facer unha curtametraxe 5 PASOS

 

TIPOS DE PLANOS

 

MOVEMENTOS DE CÁMARA

 

5 consellos para filmar MELLORES curtametraxes





  • Guía e documentos de axuda para a elaboración dunha curtametraxe.pdf Guía e documentos de axuda para a elaboración dunha curtametraxe.pdf
    9 de febreiro de 2025, 8:34 PM
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle