Section outline

    • Primeiro le aquí a pregunta, despois sae da aplicación, busca a resposta e cando a teñas volve a entrar na aula virtual. Para contestar a pregunta debes picar no enlace que hai mais abaixo, onde pon Pregunta 1. Día 24 de maio

      pregunta do 24 de maio

      A que figuras xeométricas lles deu nome Apolonio de Perge?

    • APOSTA SEMANAL

      Primeiro le aquí a o plantexamento da aposta semanal, despois sae da aplicación. Para contestar terás de prazo ata o venres 28 ás 11,00. Para respostar debes picar no enlace que hai máis abaixo, onde pon Aposta semanal 24-28 de maio.

      PLANTEXAMENTO DA APOSTA

      Xenofonte de Siracusa (máis coñecido na súa vila como “o larpeiro”) dedicábase a elaborar caramelos, e era moi amigo do famoso Arquímedes (de Siracusa por suposto).  Os caramelos que elaboraba Xenofonte eran de tres sabores: chocolate, mel e limón. Os de chocolate véndeos en bolsas de 100 grs. a 2 dracmas cada bolsa. Os de mel véndeos en bolsas de ¼ kg. a 4 dracmas a bolsa, e os de limón véndeos en bolsas de ½ kg a 6 dracmas cada bolsa.

      Xenofonte, inxenuo el, propúxolle a Arquímedes o seguinte problema, pensando que non sería capaz de resolvelo:

                  “O mes pasado vendín 244 kg. de caramelos e recaudei 3600 dracmas. Pola venta dos caramelos de chocolate acadei o 25% do que conseguín pola venta de todos os caramelos de mel e limón. Cantos kg. de caramelos de cada sabor vendín?”

      Arquímedes rápidamente deu coa resposta. Serías capaz de dala ti?

    • Primeiro le aquí a pregunta, despois sae da aplicación, busca a resposta e cando a teñas volve a entrar na aula virtual. Para contestar a pregunta debes picar no enlace que hai mais abaixo, onde pon Pregunta 2. Día 25 de maio

      pregunta do 25 de maio

      Adiviña a que mulleres gregas se refiren estes dous cuartetos. 

      O meu nome ten catro letras,

      o meu traballo é ser poeta.

      Nacín nunha illa fermosa.

      E entre as Musas fun  "A décima"

      Vivín mirando as estrelas,

      pero tiña os pés na terra.

      O meu pai mostroume

      das matemáticas a beleza.

      Resposta á pregunta anterior: Elipse, parábola, hiperbola

       
    • pregunta do 26 de maio

      Con quen rivalizou no seu tempo Claudio Ptolomeo? 

      Resposta á pregunta anterior: Safo e Hipatia

    • pregunta do 27 de maio 

      Indica, no mesmo orde en que aparecen, a expresión mitolóxica que lle corresponda a cada unha destas definicións :

      1.- Ter unha vista excepcional

      2.- Estar durmido

      3.- Estar moi forte

      4.- A causa ou motivo dunha discusión

      5.- Ser un bo gardián ou vixilante

      6.- Unha viaxe chea de aventuras e obstáculos

      7.- O punto débil de alguén

      Resposta á pregunta anterior: Hiparco de Nicea

    • pregunta do 28 de maio 

      ATENCIÓN: Dispoñedes ata o luns ás 11 para contestar, o mesmo prazo que para o preguntón que vedes na actividade seguinte (TEMA 7). Polo tanto, levades dúas tarefas para a fin de semana 

      Nunha traxedia grega dous fillos vengan a morte do deu pai a mans da súa nai. Di o nome dos pais e dos fillos, o nome do autor da traxedia e o seu título.

      Resposta á pregunta anterior:

      Vista de lince

      Estar nos brazos de Morfeo

      Estar como un Hércules

      A mazá da discordia

      Ser un Can Cerbeiro

      Vivir unha Odisea

      Talón de Aquiles

    • preguntón do 28-31 de maio

      Debedes investigar pola vosa conta, fóra da exposición. Lembrade que son dúas tarefas para o fin de semana. Para contestar ao preguntón teredes tamén o segundo recreo do luns 31.

      Le con atención o enunciado do preguntón. Observarás que hai varias palabras en cor distinta e suliñadas. Deberás ir dando, por ese orden, os nomes que se corresponden coas  palabras suliñadas. En total hai que dar 12 respostas ordenadas. Só obterá os cinco puntos quen acerte todas. Quen falle unha terá 3 puntos. NON SE ADMITEN MÁIS FALLOS.

      "Un médico da antiga Grecia ten o mesmo nome que un matemático do século V a.C. O apelido deste último é igual que o nome dunha illa.  O mar onde está esta illa recibe o seu nome dun rei cuxo fillo loitou contra un monstro noutra illa na que un inglés descubríu os restos dun palacio. Quen descifrou o sistema de escritura utilizada pola civilización á que pertencía o palacio?.

       

    • PISTA A PISTA

      Lembrade: tedes toda a semana para respostar, pero debedes facelo dende o enlace no que está cada unha das pistas. Cando remate o prazo para contestar coa primeira pista, só poderedes facelo dende o enlace da seguinte pista, e así sucesivamente. Irá aparecendo unha nova cada día, pero neste mesmo recadro. Cantas menos pistas utilicedes, máis puntos.

      Buscamos o nome dun autor grego, o título dunha obra súa , o nome do protagonista , o da súa muller , o do seu fillo. Indica a idea xenial que tivo este protagonista e cal foi a consecuencia desa idea.                                                              Debedes contestar sete cousas, as que están marcadas en cor azul.

      PISTA NÚMERO 1:

      "O AUTOR NON O VÍA CLARO"

      PISTA NÚMERO 2:

      "Ao fillo non lle gustaban os noivos da nai"

      PISTA NÚMERO 3:

      "O protagonista era moi astuto e a súa dona tecía polo día".

      PISTA NÚMERO 4:

      A telemaquia forma parte da obra 

    • pregunta do 31 de maio 

      A que orde arquitectónica pertence o templo que hai na biblioteca? Indica tamén as dúas características principais desta orde.

      Resposta anterior:

      As coéforas

      Esquilo

      Agamenón e Clitemnestra

      Orestes e Electra.

    • pregunta do 1 de xuño 

      Que nome recibían os primitivos habitantes de Esparta, sometidos polos Dorios, que pasaron a pertencer ao estado?

      Resposta anterior:

      Orde xónica: fuste con estrías e capitel con dúas volutas

    • pregunta do 2 de xuño 

      Cal era o espazo reservado especialmente para as mulleres nas casas gregas?

      Resposta anterior:

      Ilotas

    • pregunta do 3 de xuño 

      Cales son os dous monumentos máis importantes da Acrópole?

      Resposta anterior:

      Xineceo

    • Preguntón

      Unha batería de preguntas para rematar

      3 puntos para quen acerte todas, 2 para os que teñan un fallo, 1 para os de 2 fallos. Máis de dous fallos non puntúa

      1.      Quen se considera o fundador da escola de Elea?

      2.      Estudando que obxecto descubriu Arquímedes o sue famoso principio?

      3.      De cantos libros consta a obra “Os elementos” de Euclídes?

      4.      A quen se debe una fórmula que da a área dun triángulo en función dos seus lados?

      5.      A que astrónomo grego se atribúe una hipótese heliocéntrica do universo?

      6.      Quen foi considerado o máis grande astrónomo da antiga Grecia?

      7.      A que se atribúe a frase “dame un punto de apoio e moverei o mundo?

      8.      Cal é, según Tales de Mileto, o primeiro elemento?

      9.      A quen se debe a paradoxa de Aquiles e a tortuga?

      10.  Cales son os corpos platónicos?

    • ÚLTIMO PISTA A PISTA

      Buscamos o nome dun autor de traxedias grego, o título dunha obra súa , o nome do marido morto da protagonista, e o nome dun heroe cuxo fillo pasou a ser o dono da protagonista viuva. Son catro cousas as que buscamos.

      PISTA 1: 

      O autor era un "moderno" que trataba con atención os personaxes das mulleres e escravos

      PISTA 2: 

      Á protagonista intentaron matarlle os fillos por celos.

      PISTA 3: 

      Un dos homes tiña un único pundo débil.

      PISTA 4: 

      O título da obra coincide co nome da protagonista e significa "Aquela cuxo home está no combate"