PISTA A PISTA
Lembrade: tedes toda a semana para respostar, pero debedes facelo dende o enlace no que está cada unha das pistas. Cando remate o prazo para contestar coa primeira pista, só poderedes facelo dende o enlace da seguinte pista, e así sucesivamente. Irá aparecendo unha nova cada día, pero neste mesmo recadro. Cantas menos pistas utilicedes, máis puntos.
Buscamos o nome dun autor grego, o título dunha obra súa , o nome do protagonista , o da súa muller , o do seu fillo. Indica a idea xenial que tivo este protagonista e cal foi a consecuencia desa idea. Debedes contestar sete cousas, as que están marcadas en cor azul.
PISTA NÚMERO 1:
"O AUTOR NON O VÍA CLARO"
PISTA NÚMERO 2:
"Ao fillo non lle gustaban os noivos da nai"
PISTA NÚMERO 3:
"O protagonista era moi astuto e a súa dona tecía polo día".
PISTA NÚMERO 4:
A telemaquia forma parte da obra