Section outline

    • preguntón do 28-31 de maio

      Debedes investigar pola vosa conta, fóra da exposición. Lembrade que son dúas tarefas para o fin de semana. Para contestar ao preguntón teredes tamén o segundo recreo do luns 31.

      Le con atención o enunciado do preguntón. Observarás que hai varias palabras en cor distinta e suliñadas. Deberás ir dando, por ese orden, os nomes que se corresponden coas  palabras suliñadas. En total hai que dar 12 respostas ordenadas. Só obterá os cinco puntos quen acerte todas. Quen falle unha terá 3 puntos. NON SE ADMITEN MÁIS FALLOS.

      "Un médico da antiga Grecia ten o mesmo nome que un matemático do século V a.C. O apelido deste último é igual que o nome dunha illa.  O mar onde está esta illa recibe o seu nome dun rei cuxo fillo loitou contra un monstro noutra illa na que un inglés descubríu os restos dun palacio. Quen descifrou o sistema de escritura utilizada pola civilización á que pertencía o palacio?.