Lingua galega - 1.º ESO D
Section outline
-
-
As datas que aquí figuran son susceptibles de ser cambiadas.
De ser produciren cambios, serán notificados debidamente.
-
As datas que aquí figuran son susceptibles de ser cambiadas.
De ser produciren cambios, serán notificados debidamente.
-
-
Neste documento de Google ó que todos tendes acceso debedes anotar as vosas lecturas voluntarias. Poñedes nome e apelidos e o título da obra, tal e como se indica na táboa.
-
Velaquí tendes a ficha de lectura coa que comprobarei a realización das obras voluntarias.
Podedes descargala e completala a ordenador ou copiar as preguntas e facela á man. En calquera caso, cómpre entregarma en papel, non en formato dixital.
Cando ma entreguedes, fareivos unhas preguntas, de maneira oral, sobre o contido do libro.
-
-
Data de entrega e comezo das exposicións: 9 de decembro.
*Lembrade que para o martes 18 de novembro debedes ter feitos 4 grupos de 5 persoas e 2 grupos de 4.
-
Data de entrega: por confirmar día exacto, seguro na semana do 1 ao 5 de decembro.
-
Abertas: venres, 14 de novembro de 2025, 12:00 AM
Nesta tarefa debedes entregar o audio coa vosa opinión sobre o libro de lectura obrigatoria, Contos por palabras.
Esta tarefa só admite arquivos de audio.
*Data de entrega exacta por confirmar*
-
Abertas: venres, 5 de decembro de 2025, 12:00 AM
Entregade nesta tarefa todo aquilo que necesitedes imprimir para que poida facelo a tempo para o martes.
-
Abertas: luns, 23 de febreiro de 2026, 12:00 AM
Velaquí tedes a tarefa oral desta avaliación que debedes desenvolver ao longo da semana que vai do 23 de febreiro ao 1 de marzo do 2026.
Lembrade que tedes que enviar un audio cada día, gravado directamente na AV, que non debe exceder o minuto de duración.
PARA PODER GRAVAR O AUDIO DIRECTAMENTE DESDE A AULA VIRTUAL DEBEDES MODIFICAR A VOSA CONFIGURACIÓN SEGUINDO OS SEGUINTES PASOS DESPOIS DE PINCHAR NAS VOSAS INICIAIS (ARRIBA Á DEREITA):
PREFERENCIAS>PREFERNECIAS DO EDITOR OU CONFIGURACIÓN DO EDITOR: Aí seleccionade HRML Alto e dádelle a gardar cambios.
Xunto coas instrucións da tarefa, adxunto tamén a rúbrica para que sexades conscientes do que se vai ter en consideración para a súa avaliación.
NON ESQUEZADES INDICAR O DÍA AO INICIO DE CADA PISTA!
ESPERO QUE O PARASEDES BEN E QUE O CONSIDEREDES UNHA EXPERIENCIA ENRIQUECEDORA!
-
-
Quen queira participar no concurso de epitafios e, ademais, que lle conte como traballo voluntario, débeme entregar o texto do epitafio antes do 17 de outubro.
O texto débese axustar ás instrucións que vos deixo aquí en pdf e que tamén tendes colgadas no taboleiro da aula, de non seguilas, non contará como traballo voluntario.
A parte artística (a lápida) non a avaliarei.
Esta tarefa pode sumar ata 0,1 puntos na nota final do trimestre.
-
Quen queira participar no concurso de microrrelatos de terror e, ademais, que lle conte como traballo voluntario, débeme entregar o texto antes do 17 de outubro.
O texto débese axustar ás instrucións que vos deixo aquí en pdf e que tamén tendes colgadas no taboleiro da aula, de non seguilas, non contará como traballo voluntario.
Esta tarefa pode sumar ata 0,2 puntos na nota final do trimestre.
-
Neste cartafol atoparedes as instrucións para facer a tarefa e mais a ficha que debedes entregar.
A ficha está nun formato editable (tanto con Word, coma con LibreOffice ou Google Docs, entre outros procesadores de texto), polo tanto, poderedes cubrila a ordenador ou imprimila e facela á man, para o que teredes a posiblidade de aumentar os espazos para escribir neles.
Esta tarefa poderá sumar ata 0,2 puntos na nota final do trimestre.
Data límite de entrega: venres 28 de novembro.
-
Quen queira participar no concurso de San Valentín e, ademais, que lle conte como traballo voluntario, débeme entregar o texto antes do 12 de febreiro.
O texto débese axustar ás instrucións que vos deixo aquí en pdf e que tamén tendes colgadas no taboleiro da aula, de non seguilas, non contará como traballo voluntario.
-
-
-
Vídeo do DígochoEU para distinguir ben as cores do pelo.
-
Vídeo do DígochoEU para aclarar os nomes dos dedos da man.
-
-
-
Por favor, non lle chamedes "vascuence" ao ÉUSCARO, EUSKERA ou vasco; esta páxina está moi ben, pero non deberían utilizar esa palabra, pois está obsoleta.
-
Presentación utlizada na clase para ampliar o dado nas páxinas 68 e 69 do libro.
-
Complementa as páxinas 112 e 113 do libro de texto
-
Se um dia alguém perguntar por mimDiz que vivi p'ra te amarAntes de ti, só existiCansado e sem nada pra dar.Meu bem, ouve as minhas precesPeço que regresses, que me voltes a quererEu sei que não se ama sozinhoTalvez, devagarinho, possas voltar a aprender.Meu bem, ouve as minhas precesPeço que regresses, que me voltes a quererEu sei que não se ama sozinhoTalvez, devagarinho, possas voltar a aprender.Se o teu coração não quiser cederNão sentir paixão, não quiser sofrerSem fazer planos do que virá depoisO meu coração pode amar pelos dois
-
-
-
Anexo ás páxinas 114 e 115 do libro de texto.
-
Recurso en liña para practicar a conxugación dos verbos regulares.
Para que a respostas sexan válidas a primeira letra do verbo tes que escribila en maiúscula e as demais en minúscula´.