LITERATURA DRAMÁTICA 2º BACH D CURSO 25-26 BEATRIZ
Section outline
-
Exame 1ª avaliación: mércores, 5 de novembro
Exame 2ª avaliación: xoves, 5 de febreiro
Exame 3ª avaliación: mércores, 22 de abril
-
Anotacións para compoñer o texto argumentativo:
1. O teatro debe adaptarse ao público ou público ao teatro? Ademais do que se comentou na clase, tamén podedes ter en conta as seguintes cuestións:
a) Ao longo da historia, moitas formas teatrais naceron precisamente co obxectivo de conectar co público do seu tempo. Na Grecia clásica, por exemplo, as traxedias e comedias trataban temas que preocupaban á sociedade ateniense, como a política, a moral ou a relación cos deuses.
b) Adaptarse ao público: Lope de Vega na obra Arte nuevo de hacer comedia (1609) xustifica o uso da linguaxe vulgar nas obras de teatro: «Y escribo por el arte que inventaron / los que el vulgar aplauso pretendieron, / porque, como las paga el vulgo, es justo / hablarle en necio para darle gusto.»
O público debe adaptarse ao teatro: Bertolt Brecht, a través do seu teatro épico, sostiña que o teatro non debe entreter de forma compracente, senón que debe "distanciar" o espectador para que este analice a realidade de forma crítica. Para Brecht, é o público o que debe facer o esforzo intelectual de adaptarse á proposta para saír do teatro transformado nun suxeito político.
Antonin Artaud e o seu "Teatro da Crueldade" defendían que o teatro debe sacudir ao espectador, arrancándoo da súa zona de confort mediante unha experiencia sensorial total.
Jerzy Grotowski, co seu "Teatro Pobre", eliminaron o artificio para centrarse na relación actor-espectador, demandando deste último unha implicación profunda e case espiritual, lonxe da mera observación pasiva do entretemento de masas.
Posible conclusión: Aínda que o teatro necesita o público para existir —como ben sinalaba Peter Brook na súa definición do "espazo baleiro"—, a súa función non é a de adaptarse á lei do mercado. Un teatro que só dá ao público o que este quere ver acaba converténdose en mercadoría. Para que a arte escénica siga viva, debe manter a súa capacidade de reto, logrando que sexa o público quen se adapte á linguaxe da escena, fomentando así o crecemento cultural e crítico da sociedade.
-
Subide un PDF con exemplos de cada un dos conceptos que inclúa obras de teatro vistas, lidas ou coñecidas por vós. Por exemplo, nas didascalias, hai que escribilas.
-
Traballo valoración crítica persoal: https://docs.google.com/document/d/10BfnDW4qxrrtP_umIwnPG14IDuewbLGYP2nWUG7osL8/edit?usp=sharing
Texto orixinal en verso: https://archive.org/details/sofocles-edipo-rey-o-edipo-en-colona-ed.-de-i.-errandonea/page/n57/mode/2up
Representacións: https://www.youtube.com/watch?v=OkjNgW8siMQ
https://www.youtube.com/watch?v=bamqKueukfM
https://www.youtube.com/watch?v=9Blp4RNLiqI
Resumo: https://www.youtube.com/watch?v=m9Xm0WZu3_Y&feature=youtu.be
Outras manifestacións artísticas:
cine: Pier Paolo Pasolini, Edipo re: https://m.ok.ru/video/3628235950620
ópera. Igor Stravinski, Oedipus Rex: https://www.youtube.com/watch?v=1Q6f1rYDVLw; Ruggero Leoncavallo: https://www.youtube.com/watch?v=XBxp5EnE8IE
-
2.1. Con exemplos de obras vistas ou lidas en clase, defina os seguintes termos teatrais: acoutación, paratexto, comedia, traxedia, acto, escena, trama,2.2. Con exemplos de obras vistas ou lidas na clase, explique a función do conflito nunha obra dramática, a función do protagonista e do antagonista nunha obra dramática.
Definición de conceptos básicos (exercicio para facer)
-
Este ano cambian os modelos de exame. Só os poño para que os vexades.
-